A idade ordinaria esixida para o acceso á pensión de xubilación, reducirase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao tempo efectivamente traballado os coeficientes que se indican, sempre que durante os períodos de traballo realizados se acrediten os seguintes graos de discapacidade:
-
O coeficiente do 0,50, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e acredite a necesidade do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria.
Idade mínima:
A partir do 01-01-08, a aplicación dos correspondentes coeficientes redutores da idade non pode dar lugar a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación antes dos 52 anos de idade.
Esta limitación non afectará os traballadores dos Réximes Especiais (Minaría do Carbón e Traballadores do Mar) que, a 01-01-08, tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, aos que se aplicará a normativa anterior.
Cómputo do tempo efectivamente traballado:
Descontaranse todas as faltas ao traballo, agás as seguintes:
Efectos:
Dende o 01-01-08, os coeficientes redutores non serán tidos en conta:
-
Para os efectos de acreditar a idade esixida para acceder á xubilación parcial (agás que, por dereito transitorio, se aplique a lexislación anterior ao 01-01-08), á xubilación anticipada coa condición de mutualista e a calquera outra modalidade de xubilación anticipada.
-
Nin tampouco para xerar a porcentaxe adicional establecida para aqueles que se xubilan despois da idade ordinaria de xubilación esixida en cada momento.