Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios. Períodos de actividade
BASES DE COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE.
A cotización poderá efectuarse, a opción do empresario, por bases diarias, en función das xornadas reais realizadas, ou por bases mensuais. En caso de que o empresario non exercite expresamente esta opción, entenderase que este elixiu a modalidade de bases mensuais de cotización.
A modalidade de cotización por bases mensuais resultará obrigatoria para os traballadores por conta allea con contrato indefinido, sen incluír entre estes os que presten servizos con carácter fixo descontinuo, respecto aos cales terá carácter opcional.
A partir do 01 xaneiro 2022, as bases aplicables para os traballadores incluídos neste Sistema Especial determinaranse conforme o establecido no artigo 147 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Cando a cotización se efectúe por bases diarias, o establecido no parágrafo anterior entenderase referido a cada xornada real realizada, sen que poida ser inferior á base mínima diaria de cotización que se estableza legalmente.
Aos traballadores incluídos neste Sistema especial non lles será de aplicación a cotización adicional por horas extraordinarias.
Tampouco será de aplicación a cotización adicional por continxencias comúns, establecida nos contratos temporais de duración efectiva igual ou inferior a trinta días.
1.- BASES DE COTIZACIÓN MENSUAIS.
A partir do 1 de xaneiro de 2022, as bases mensuais de cotización por continxencias comúns durante os períodos de actividade para os traballadores que presten servizos durante todo o mes, son as seguintes:
Grupo de Cotización | Categorías Profesionais | Bases mínimas euros/mes |
Bases máximas euros/mes |
---|---|---|---|
1 | Enxeñeiros e Licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores | 1.629,30 | 4.139,40 |
2 | Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados | 1.351,20 | 4.139,40 |
3 | Xefes Administrativos e de Taller | 1.175,40 | 4.139,40 |
4 | Axudantes non Titulados | 1.166,70 | 4.139,40 |
5 | Oficiais Administrativos | 1.166,70 | 4.139,40 |
6 | Subalternos | 1.166,70 | 4.139,40 |
7 | Auxiliares Administrativos | 1.166,70 | 4.139,40 |
8 | Oficiais de primeira e segunda | 1.166,70 | 4.139,40 |
9 | Oficiais de terceira e Especialistas | 1.166,70 | 4.139,40 |
10 | Peóns | 1.166,70 | 4.139,40 |
11 | Traballadores menores de dezaoito anos | 1.166,70 | 4.139,40 |
Esta modalidade de cotización mensual é aplicable con carácter obrigatorio para os traballadores por conta allea con contrato indefinido, sen incluír entre estes os que presten servizos con carácter fixo descontinuo, respecto aos cales terá carácter opcional.
2 - BASES DE COTIZACIÓN XORNADAS REAIS.
Grupo de Cotización | Categorías Profesionais | Bases mínimas euros/día |
Bases máximas euros/día |
---|---|---|---|
1 | Enxeñeiros e Licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores | 70,84 | 179,97 |
2 | Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados | 58,75 | 179,97 |
3 | Xefes Administrativos e de Taller | 51,10 | 179,97 |
4 | Axudantes non Titulados | 50,73 | 179,97 |
5 | Oficiais Administrativos | 50,73 | 179,97 |
6 | Subalternos | 50,73 | 179,97 |
7 | Auxiliares Administrativos | 50,73 | 179,97 |
8 | Oficiais de primeira e segunda | 50,73 | 179,97 |
9 | Oficiais de terceira e Especialistas | 50,73 | 179,97 |
10 | Peóns | 50,73 | 179,97 |
11 | Traballadores menores de dezaoito anos | 50,73 | 179,97 |
Cando se realicen no mes natural 22 ou máis xornadas reais, a base de cotización aplicable será a correspondente ás bases mensuais de cotización por continxencias comúns.
3.-TIPOS DE COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE
Bases de cotización para Continxencias comúns e Accidentes de Traballo Y Enfermidades Profesionais
CONTINXENCIAS COMÚNS | Accidentes Traballo e Enfermidades Profesionais | |||
---|---|---|---|---|
GRUPO | EMPRESA | TRABALLADOR | TOTAL |
Tarifa Primas disposición adicional cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, PGE 2007, na redacción dada pola Disposición Final Quinta do RDL 28/2018, do 28 de outubro (BOE do 29) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo da empresa |
1 | 23,60 | 4,70 | 28,30 | |
2 a 11 | 20,24 | 4,70 | 24,94 |
Base de cotización para Desemprego, FOGASA e Formación Profesional
DESEMPREGO | EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL |
---|---|---|---|
Traballadores por conta allea fixos | 5,50 | 1,55 | 7,05 |
Traballadores por conta allea de carácter eventual | 6,70 | 1,60 | 8,30 |
Traballadores con contratos de duración determinada ou celebrados con discapacitados cun grao non inferior ao 33 por cento | 5,50 | 1,55 | 7,05 |
Durante o ano 2022 aplicarase aos traballadores que se atopen en situación de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural así como maternidade e paternidade causadas durante a situación de actividade, calquera que sexa o grupo no que queden encadrados, unha redución na cota á cotización por desemprego de 2,75 puntos porcentuais da base de cotización.
EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
---|---|---|---|
FOGASA | 0,10 | 0,10 |
EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
---|---|---|---|
FORMACIÓN PROFESIONAL | 0,15 | 0,03 | 0,18 |
Tipos de cotización durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo e Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado do menor e Corresponsabilidade no coidado do lactante causadas durante a situación de actividade: a cotización efectuarase segundo modalidade de contratación
CONTRATO INDEFINIDO Normas Réxime Xeral | CONTRATO TEMPORAL E FIXOS DESCONTINUOS | |
---|---|---|
GRUPO |
TIPO % |
Aplicaranse as normas do Réxime Xeral en relación aos días contratados nos que non puidesen prestar os seus servizos. Nos días nos que non estea prevista a prestación de servizos, os traballadores están obrigados a ingresar a cotización correspondente aos períodos de inactividade, agás que estean a percibir os subsidios por maternidade e paternidade. |
1 | 15,50 | |
2 a 11 | 2,75 |
4.-REDUCIÓNS ACHEGAS EMPRESARIAL
4,1. Reducións na cotización por continxencias comúns en situacións de actividade
Durante o ano 2022 aplicaranse as seguintes reducións nas achegas empresariais á cotización a este Sistema Especial durante os períodos de actividade con prestación de servizos.
a) Na cotización respecto aos traballadores encadrados no grupo de cotización 1, aplicarase unha redución de 8,10 puntos porcentuais da base de cotización, resultando un tipo efectivo de cotización por continxencias comúns do 15,50 por 100.
En ningún caso a cota empresarial resultante será superior a 279,00 euros ao mes o 12,68 por xornada real traballada.
b) Na cotización respecto aos traballadores encadrados nos grupos de cotización 2 a 11, a redución axustarase ás seguintes regras:
Para bases mensuais de cotización a fórmula que hai que aplicar será a seguinte:
A cota empresarial resultante non poderá ser inferior a 117,07 euros mensuais ou 5,32 euros por xornada real traballada.
4,2. Reducións na achega empresarial por desemprego durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo, Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado do menor e Corresponsabilidade no coidado do lactante, causadas durante a situación de actividade.
Durante o ano 2022 aplicarase aos traballadores que se encontren nestas situacións, calquera que sexa o grupo no que queden encadrados, unha redución de 2,75 puntos porcentuais da base de cotización