Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Sistemas Especiais


A Lei Xeral da Seguridade Social prevé que, naqueles Réximes da Seguridade Social en que así resulte necesario, poderanse establecer Sistemas Especiais exclusivamente nalgunha ou nalgunhas das seguintes materias: encadramento, afiliación, forma de cotización ou recadación.

Estes Sistemas Especiais creáronse no Réxime Xeral, por isto, están rexidos polas normas comúns do Réxime Xeral, a excepción das particularidades especificamente previstas en cada un deles.

Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas de estudos de mercado e opinión pública, respecto dos seus traballadores fixos descontinuos que realicen tarefas de realización de enquisas.

Este Sistema Especial é aplicable ás empresas de exhibición cinematográfica, salas de baile, discotecas, salas de festa e outros locais de espectáculos análogos, respecto ao persoal do seu cadro que non traballe tódolos días da semana.

Este sistema especial é aplicable aos empresarios colleiteiros-exportadores de tomate fresco, e aos traballadores eventuais ou de tempada ao seu servizo que se dediquen exclusivamente á manipulación e empaquetado de tomate fresco con destino á exportación, e dentro da campaña oficial.

A Orde do 10 de setembro de 1973 creou este sistema especial exclusivamente para as provincias de Madrid e Barcelona.

A efectividade do mesmo levaba consigo a existencia dun convenio de colaboración entre o antigo Instituto Nacional de Previsión e o tamén extinguido Sindicato Provincial de Hostalería. Na provincia de Barcelona non se chegou a asinar este convenio, polo que o sistema especial non chegou a aplicarse.

Na provincia de Madrid o convenio subscrito denunciouse no ano 1993, aínda que dende aquela data o Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal, colaborou cos empresarios hosteleiros en labores de captación e formación de traballadores desta rama de actividade, así como nas xestións para o trámite de altas e baixas na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As competencias asumidas polo Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal en Madrid, transfiríronse aos servizos correspondentes da Comunidade Autónoma.

Estarán incluídos neste Sistema Especial a totalidade das empresas dedicadas á explotación de piñeirais para a obtención de mieras e os traballadores do monte, resineiros e remasadores, ao servizo das mesmas.

A efectos deste Sistema Especial, as campañas terán, para os traballadores citados, a seguinte duración:

  • Resineiros: Do primeiro de marzo ao quince de novembro
  • Remasadores: Do primeiro de xuño ao trinta e un de outubro.

Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas dedicadas ás actividades de manipulación, envasado e comercialización de froitas e hortalizas e de fabricación de conservas vexetais, e os traballadores ao servizo das mesmas, calquera que sexa a duración prevista nos seus contratos laborais, e sempre que as súas actividades se realicen de forma intermitente ou cíclica.

As actividades das empresas ás que é de aplicación este Sistema Especial configuraranse en campañas que se iniciarán o primeiro de xaneiro, finalizando o trinta e un de decembro de cada ano. Non obstante, as empresas afectadas poderán solicitar, razoadamente, a alteración das datas de consideración de inicio e finalización de campaña.

Con efectos 1 de xaneiro de 2012 os traballadores do Réxime Especial Agrario inclúense dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante a creación do Sistema Especial Agrario.

Están incluídos neste Sistema Especial os traballadores por conta allea que realicen labores agrarias, forestais ou pecuarias ou sexan complementarias ou auxiliares destas, en explotacións agrarias, así como os empresarios aos que presten os seus servizos.

Inclúense, así mesmo, neste Sistema Especial, os traballadores por conta allea agrarios durante os períodos de inactividade nos devanditos labores. 

Información xeral

No Sistema Especial para Empregados de Fogar quedan comprendidos os traballadores suxeitos á relación laboral especial a que se refire o artigo 2.1.b) do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, é dicir, aquela relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar que se regula no Real decreto 1620/2011, do 14 de novembro.

O obxecto desta relación laboral, de acordo co previsto no cuarto apartado do artigo primeiro do citado Real decreto, son os servizos ou actividades prestados para o fogar familiar, podendo revestir calquera das modalidades das tarefas domésticas, así como a dirección ou coidado do fogar no seu conxunto ou dalgunhas das súas partes, o coidado ou atención dos membros da familia ou das persoas que forman parte do ámbito doméstico ou familiar, e outros traballos que se desenvolvan formando parte do conxunto de tarefas domésticas, tales como os de gardaría, xardinería, condución de vehículos e outros análogos.

Non se considera relación laboral de carácter especial ao servizo do fogar familiar, os supostos previstos no artigo 2 do RD 1620/2011, do 14 de novembro e, polo tanto, non quedan dentro do ámbito deste sistema especial.

Para máis información sobre os trámites a realizar, se quere dar de alta unha persoa empregada de fogar, consulte o apartado "Emprego fogar" dispoñible no Portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}