Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Convenio especial para deportistas de alto nivel

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?

Este convenio especial permite a inclusión no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos aos deportistas de alto nivel, maiores de dezaoito anos que, en razón da súa actividade deportiva ou de calquera outra actividade profesional que realicen, non estean xa incluídos en calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social.

Forma e prazo de solicitude

Debe presentarse solicitude (modelo TA-0040) ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma no prazo de 90 días naturais a contar dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado da relación en que figure como deportista de alto nivel.

Acción protectora

O convenio Especial ten por obxecto a cobertura de Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia derivadas de continxencias comúns, Xubilación, Servizos Sociais e Asistencia Sanitaria.

Requisitos

Ser maior de 18 anos.

Ter recoñecida a condición de deportista de alto nivel.

Efectos

Día primeiro do mes en que adquirise a condición de deportista de alto nivel.

Causas de extinción

  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera réxime da Seguridade Social.
  • Por falta de aboamento de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Por falecemento do interesado.
  • Por decisión do interesado debidamente comunicada á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Cotización

  • No momento de subscribir o convenio especial, o interesado poderá elixir a base de cotización entre as vixentes no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, con suxeición ás normas xerais aplicables a este réxime.
  • Cada vez que se modifique a base de cotización do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os convenios especiais incrementaranse como mínimo na porcentaxe de incremento desta base mínima.
  • O prazo de ingreso das cotas será dentro do mes ao que estea referida a cota.

Outros

Este convenio especial regúlase polo artigo 27 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro e no Real Decreto 1467/1997 do 19 de setembro sobre deportistas e no non regulado nos mesmos polas normas xerais.

Complementary Content
${loading}