Quen pode subscribilo?
Poderán subscribir este convenio especial as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser maior de 18 anos e menos de 67 anos de idade ou 65 anos cando se acrediten 38 anos e 6 meses de cotización.
- Que estean afectadas por un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% para as persoas con parálise cerebral, as persoas con enfermidade mental ou as persoas con discapacidade intelectual ou ao 65% para as persoas con discapacidade física ou sensorial.
- Que non figuren en alta ou en situación asimilada á de alta en ningún réxime do Sistema da Seguridade Social, nin en calquera outro réxime público de protección social.
- Figurar inscrito nos servizos públicos de emprego como demandante de emprego e non ter estado ocupado por un período mínimo de seis meses, inmediatamente anteriores á data da solicitude de subscrición do convenio especial.
- Non ser pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente.