Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio Especial para persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral (R.D. 156/2013 do 1 de marzo)

Para subscribir este convenio especial é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter feita a idade de 18 anos e non ter alcanzado a idade legal de acceso á xubilación ordinaria.
  • Residir legalmente en España e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da solicitude de subscrición do convenio especial.
  • Ter recoñecida unha discapacidade que implique especiais dificultades de inserción laboral. Terán esta consideración:
    • As persoas con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
    • As persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
  • Non figurar en alta ou en situación asimilada á de alta en calquera dos réximes do sistema da Seguridade Social, nin en calquera outro réxime público de protección social.
  • Estar inscrito nos servizos públicos de emprego como persoa desempregada demandante de emprego por un período mínimo de seis meses, inmediatamente anteriores á data da solicitude de subscrición do convenio especial.
  • Non ter a condición de pensionistas de xubilación ou de incapacidade permanente, na súa modalidade contributiva, nin de xubilación na súa modalidade non contributiva, nin percibir pensións equivalentes en calquera outro réxime público de protección social.
  • Dispoñer do Número da Seguridade Social.

Non será necesario acreditar un período de cotización previo á Seguridade Social.



A solicitude de alta deste convenio especial pódese presentar en calquera momento, a través dos medios indicados no apartado "Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial" da sección "Trámites e Xestións de Convenios especiais".

A data de inicio deste convenio especial será o día da presentación da solicitude.

A cotización neste convenio especial ten por obxecto a cobertura das prestacións seguintes:

  • Xubilación
  • Morte e supervivencia (viuvez, orfandade e outras prestacións en favor de familiares)

O convenio especial extinguirase polas mesmas causas que o Convenio especial ordinario.

Real decreto 156/2013, do 1 de marzo, polo que se regula a subscrición de convenio especial polas persoas con discapacidade que teñan especiais dificultades de inserción laboral.

  • Cando se formulen a través do servizo “Alta en convenio especial” dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social, as solicitudes han de ir acompañadas da documentación que se describe no apartado “Documentación adxunta” do citado servizo.


Suxeito responsable do ingreso da cota

O suxeito responsable do ingreso da cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.

Base de cotización

A base de cotización aplicable será o tope mínimo de cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social que estea vixente en cada momento.

Determinación da cota a ingresar

O cálculo da cota a ingresar polo subscritor deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario. O coeficiente redutor é 0,89.

Prazo de ingreso

O prazo de ingreso da cota é o mes natural seguinte ao que esta está referida.

Forma de pagamento

A forma de pagamento deste convenio especial é domiciliación bancaria.

Incremento da base de cotización con posterioridade á subscrición do convenio especial

O incremento da base de cotización con posterioridade á subscrición deste convenio é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.


O prazo para resolver a solicitude de subscrición deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para as solicitudes de alta deste Convenio especial ordinario.

Complementary Content
${loading}