Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Convenio especial para a formación. Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro.

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Quen o pode subscribir?

  • As persoas que con anterioridade á entrada en vigor do RD participasen en programas de formación, vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional con realización de prácticas formativas con contraprestación económica.
  • As persoas que, á entrada en vigor do RD se atopen participando en programas de formación, vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional con realización de prácticas formativas con contraprestación económica.
  • As persoas que tivesen participado en programas de formación de natureza investigadora, sempre que tal participación tivese lugar con anterioridade ao 4 de novembro de 2003.

Forma e prazo de solicitude

A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA.0040 formación) ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración desta.

As solicitudes puidéronse presentar entre o 01/11/2011 e o 31/12/2014.

Actualmente non é posible a súa solicitude.


Requisitos

Acreditar por parte do solicitante o ter participado en programas de formación mediante certificación expedida polas entidades ou organismos que os financien, na que haberá de constar que o programa de formación reúne os requisitos esixidos, así como a súa duración.

No suposto de que os programas estean confinanciados por dous ou máis entidades ou organismos, a referida certificación será expedida por aquel ao que corresponda facer efectiva a respectiva contraprestación económica.

Efectos

Recoñeceranse como asimilados á alta os períodos de formación realizados anteriores ao 01/11/2011 e ata 2 anos como máximo.

Extinción

O convenio extinguirase de concorrer algunha das seguintes circunstancias:

Por falecemento do interesado/a.

Por decisión do interesado/a comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Por falta de aboamento de tres cotas consecutivas ou cinco alternativas.

Complementary Content
${loading}