Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Contenido principal

Inscrición de empresas

É o acto administrativo mediante o cal a Tesourería Xeral da Seguridade Social procede a incluír ao empresario que empregue traballadores por conta allea no Réxime que lle corresponda, para a súa identificación e para o control do cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

Esta inscrición é un requisito previo e indispensable para o inicio das súas actividades. O seu incumprimento dá lugar a responsabilidades para o empresario, xa que leva consigo o incumprimento doutras obrigas legais tales como a afiliación, altas, cotización, e incluso a súa responsabilidade directa en orde ás prestacións que se puidesen causar.

Simultaneamente á inscrición, o empresario deberá exercitar a opción da entidade aseguradora das continxencias de accidentes de traballo e enfermidade profesional e a cobertura da prestación económica por incapacidade temporal dos traballadores ao seu cargo.

Contenido complementario
${loading}