Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Contenido principal

Relación xurídica coa Seguridade Social. Campo de aplicación. Afiliación, inscrición, altas, baixas, réximes

Obxectivos

Con esta unidade preténdese:

  • Encadrar o Sistema de Seguridade Social dentro do Estado Social e Democrático de Dereito.
  • Destacar a necesidade do cumprimento das obrigas para a obtención de dereitos.
  • Definir os tipos de relacións xurídicas entre o cidadán e a Seguridade Social.
  • Determinar os requisitos para estar incluído no campo de aplicación do Sistema de Seguridade Social.
  • Definir o concepto de Afiliación, a súa obrigatoriedade, o seu trámite e os seus efectos.
  • Definir o concepto de Inscrición, a súa obrigatoriedade, o seu trámite e os seus efectos.
  • Establecer a diferenza entre a Afiliación e a Alta na Seguridade Social
  • Definir os conceptos de Alta e Baixa, tipos, trámites e efectos.
  • Definir como se organiza o nivel contributivo da Seguridade Social nos distintos Réximes e as súas especificidades.

Contidos

  • Relación xurídica coa Seguridade Social
  • Campo de aplicación
  • Afiliación
  • Inscrición de empresas
  • Altas e Baixas
  • Réximes

Lembramos que...

  • O Sistema de Seguridade Social é un mecanismo do Estado para a protección ante as situacións de necesidade.
  • Os dereitos e obrigas que orixina o sistema, así como a xestión do mesmo, son "públicos".
  • É a Lei a que determina e regula a "relación" entre os cidadáns e a Seguridade Social, non queda á libre disposición das partes.
  • Orientación cara ao principio de universalidade: nivel contributivo e non contributivo.
  • A afiliación e as altas subseguintes constitúen o mecanismo para determinar quen é o responsable da obriga de cotizar e dos dereitos que está a xerar o traballador pola "contribución" ao sistema; se o traballador non é dado de alta, e a Seguridade Social non coñece tal circunstancia, non pode darlles protección. É moi importante controlar o cumprimento desta obriga.
  • A afiliación é única, vitalicia e exclusiva.
  • A afiliación, inscrición e alta deben ser previas ao inicio da actividade profesional.
Contenido complementario
${loading}