Contenido principal
Área de profesores
El contenido de este Portal educativo está pendiente de actualización
A Aula da Seguridade Social, defínese como unha iniciativa da Secretaría de Estado da Seguridade Social que persegue dar a coñecer ás novas xeracións de cidadáns e aos formadores os seus dereitos e obrigas como parte dunha institución básica para o funcionamento do Estado de Benestar, o Sistema da Seguridade Social.
Obxectivos
- Fomentar nos futuros cidadáns as ideas de solidariedade interxeracional e interterritorial.
- Sensibilizar aos usuarios do portal, sobre a importancia e transcendencia de manter coa colaboración de todos, un sistema público de Seguridade Social.
- Xerar unha cultura de colaboración na sociedade, educándoa para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos.
- Construír unha plataforma informativa e formativa para achegar a Administración da Seguridade Social ao cidadán e en particular á comunidade educativa.
- Impulsar o uso deste tipo de ferramentas entre os mozos, principais usuarios das novas tecnoloxías.
- Crear un elemento formativo e educativo de alto impacto e cun forte compoñente comunicacional.
- Reforzar o compromiso de Calidade da Administración da Seguridade Social.
A quen se dirixe o portal?
O público obxectivo da Aula da Seguridade Social está diferenciado en dous segmentos principais:
- Profesorado: Conxunto de profesores de Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.
- Alumnado: Alumnos de terceiro ciclo de educación primaria (de 10 a 11 anos) e dos tres primeiros cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (12, 13 e 14 anos).