Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Fontes de información

Existe á súa disposición as Unidades de Atención ao Usuario Provinciais, coas que se poden poñer en contacto a través do Servizo de Atención Telefónica da TGSS  no 901 502 050. Este servizo proporcionaralle un asesoramento personalizado para a súa situación, atenderán as súas consultas e incidencias e xestionarán o acceso a xornadas e cursos de información e formación para o usuario acerca do funcionamento do Sistema RED .

Ante calquera problema ou dúbida que lle xurda, non dubide en poñerse en contacto con este Servizo, cuxo horario de atención ao público é de luns a venres de 9 a 19:00 horas.

Colaboradores

O soporte técnico das empresas colaboradoras ofrécelles aos seus clientes "servizos de axuda" na instalación e funcionamento do soporte lóxico do Sistema RED.

Outra documentación existente

    Existe outro tipo de información, que debe ter en conta:

  • Noticias RED:

    Son boletíns de noticias que se poden consultar na área de noticias O seu obxectivo é informar os usuarios de novas funcionalidades, resolver dúbidas, proporcionarlles información xeral sobre temas que os afecten, posibles incidencias de carácter xeral, etc .

  • FAQ s:

    Respostas ás preguntas máis comúns formuladas polos usuarios do Sistema RED.

  • Manuais:

    Manuais con información xeral sobre o Sistema RED (procesos de instalación do soporte lóxico, pasos que se deben seguir para a incorporación ao Sistema RED, etc.)

  • Páxina web da Seguridade Social:

    Onde poderá acceder a todo tipo de información respecto ao Sistema RED, certificados admitidos, así como obter manuais, impresos, etc.
Complementary Content
${loading}