Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Infraestrutura

Que é necesario para utilizar RED Directo?

  • Un ordenador cunhas características mínimas:

    • Procesador  Pentium 166 |Mhz.
    • 128 |Mb de memoria RAM.
    • 60 Mb dispoñibles de disco duro.
    • Pantalla VGA ou superior.
    • Teclado estándar 101/102.
  • Soporte lóxico necesario:
    • Máquina Virtual de Java: Trátase dun soporte lóxico, que é necesario instalar no equipo para poder acceder ao servizo RED Directo. Este soporte lóxico é de distribución gratuíta e pódese descargar a través de Internet.
    • Acrobat Reader: ferramenta necesaria para visualizar, explorar e imprimir no mesmo formato que o orixinal, arquivos que se atopen en formato *.pdf, utilizado mundialmente na distribución de documentos electrónicos. Este é un soporte lóxico proporcionado por ADOBE de forma gratuíta, e que a TGSS distribúe na súa páxina.
    • Conexión a Internet: Recoméndase unha conexión a Internet mediante liña ADSL.
    • Un Certificado dixital admitido para os trámites con Seguridade Social (Lista de certificados dixitais admitidos).

Podo acceder dende calquera lugar?

Pódese ter acceso dende calquera sitio, xa que só se require dispoñer dun PC con conexión a Internet e dun Certificado Dixital.

É necesario un programa de nóminas?

Non é necesario un programa de nóminas para o funcionamento de RED Directo.

É necesario formación para utilizar RED Directo?

É unha ferramenta sinxela que non require especiais coñecementos, unicamente uns coñecementos básicos para o seu funcionamento así como as accións que se poden realizar a través del.

Existen manuais de axuda na sección de Documentación de RED Directo. Ademais os usuarios contan co apoio das Administracións da Seguridade Social para a resolución de incidencias e dúbidas, así como coa Unidade de Atención ao Usuario da TGSS (901 50 20 50).

Ademais a TGSS organiza cursos de información e formación a usuarios. O curso está dirixido a aqueles usuarios que han operar habitualmente en RED  Directo. Abrangue os ámbitos de Cotización, Afiliación e Partes de |IT.
No caso de que estea interesado en calquera dos cursos, por favor, póñase en contacto coa Unidade de Atención ao Usuario (901 50 20 50).

Pódense realizar prácticas antes de pasar a modo Real?

É recomendable que antes de comezar a utilizar RED Directo dunha forma real, se realicen unha serie de probas.
As probas pódense realizar tanto en Afiliación como en Cotización, pero de forma diferente, xa que en Afiliación existe a posibilidade de transmitir información en modo de prácticas, sen que teña efecto real sobre as bases de datos da TGSS. Non obstante en Cotización non hai un ambiente de prácticas, así que o usuario poderá realizar prácticas confeccionando un  TC2 en borrador e realizar as probas que necesite, xa que no terán validez ata non “Aprobe o Recibo de Liquidación de Cotizacións”.

Complementary Content
${loading}