Prestación de risco durante a lactación natural
Procedemento
Información Xeral
| Obxecto: |
Prestación económica que trata de cubrir a perda de rendas que se produce, durante o período de suspensión do contrato por risco durante a lactación natural, nos casos en que debendo a traballadora cambiar de posto de traballo ou de actividade por outro compatible coa súa situación, dito cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados. |
|---|---|
|
Beneficiarios/Requisitos: |
As traballadoras por conta allea ou conta propia incluídas en calquera Réxime da Seguridade Social, en situación de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da súa actividade profesional por risco durante a lactación natural, que cumpran os requisitos esixidos:
|
|
Contido/contía: |
Subsidio equivalente ao 100 % da base reguladora correspondente, que será a establecida para a prestación de IT derivada de continxencias profesionais. Ao efectuarse o pagamento, deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF. |
|
Duración/extinción: |
Aboarase durante o tempo necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo e finalizará: Traballadoras por conta allea:
Traballadoras por conta propia:
|
|
Perda/suspensión: |
|
| Impresos: | |
|
Documentación: |
Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. |
| Onde tramitalo? |
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social da Entidade Xestora ou, no seu caso, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social . |
|
Entidade competente: |
A xestión e o pagamento da prestación corresponde á Dirección provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM ), na que teña o seu domicilio a interesada, ou á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social , en función da Entidade que cubra os riscos profesionais. |
| Prazos: |
O Director Provincial da Entidade xestora da provincia en que teña o seu domicilio a interesada ditará resolución expresa e notificaralla no prazo de 30 días. O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte á do feito causante, sen prexuízo de que os efectos se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data da solicitude. |
|
Outros datos de interese: |
|
Inicio