Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez
Procedemento
Información Xeral
Obxecto: |
Recoñecer pensións vitalicias e de contía fixa de vellez, invalidez ou viuvez polas cotizacións realizadas ao extinguido Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) ou ter estado afiliado ao Retiro Obreiro. |
---|---|
Beneficiarios: |
As persoas que reúnan os requisitos establecidos para cada clase de pensión. |
Requisitos: |
Ademais de non ter dereito a pensión do actual sistema da Seguridade Social, agás as pensións de viuvez das que poidan ser beneficiarios, deberanse cumprir uns requisitos específicos segundo a pensión de que se trate:
|
Contía: |
A contía varía segundo exista ou non concorrencia con outras pensións:
Cando concorran a pensión de viuvez e a do SOVI, a súa suma non poderá ser superior ao dobre do importe da pensión mínima de viuvez para beneficiarios maiores de 65 anos establecido en cada momento. Se se supera o devandito límite, procederase á minoración da contía da pensión do SOVI no importe necesario para non exceder do límite indicado. |
Efectos económicos: |
Vellez: Percibirase a partir do día seguinte a facer os 65 anos, se se presenta a solicitude nos 30 días seguintes. Se se presenta despois, percibirase a partir do día primeiro do mes seguinte á súa presentación. Invalidez: Percíbese a partir do día primeiro do mes seguinte á solicitude. Viuvez:
|
Pagamentos: |
A pensión abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coa mensualidade de xuño e de novembro. |
Incompatibilidades: |
As pensións do SOVI son incompatibles entre si e poden selo con outras pensións, agás a pensión de viuvez a que o beneficiario puidese ter dereito e co traballo. Mais os beneficiarios poden exercitar o dereito de opción pola pensión máis favorable. |
Prazos: |
O recoñecemento das pensións do SOVI deberá resolverse e notificarse ao interesado nos seguintes prazos:
|
Extinción: |
As pensións do SOVI extínguense polo falecemento do pensionista e, no caso da pensión de viuvez e en determinadas situacións, por matrimonio ou por constituír unha parella de feito. |
Impresos: | |
Documentación: |
A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude de xubilación, de invalidez ou de viuvez. |
Onde se tramita: |
Nos centros de atención e información da Seguridade Social dependentes do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña (ISM), se é o caso. |
Entidade competente: |
A xestión e o recoñecemento do dereito ás pensións do extinguido SOVI corresponde ao INSS ou ISM, se é o caso. |