Pensión de Xubilación
Procedemento
Información Xeral
Obxecto: |
A prestación económica por xubilación, incluída en todos os réximes do sistema da Seguridade Social, trata de substituír as rendas do traballo por unha pensión vitalicia, única e imprescritible, cando o traballador por mor da idade cesa total ou parcialmente na súa actividade laboral. |
---|---|
Beneficiarios: |
As persoas incluídas en calquera réxime da Seguridade Social, afiliadas, que reúnan os requisitos establecidos de idade, período mínimo de cotización e feito causante. |
Requisitos: |
|
Contía: |
A contía da pensión está determinada pola base reguladora e a porcentaxe que se aplica a ela en función dos anos cotizados. |
Efectos económicos: |
Traballadores en alta: Desde o día seguinte do cesamento na actividade, cando a solicitude se presentase dentro dos 3 meses anteriores ou posteriores ao cesamento. Noutro caso, devengarase cunha retroactividade máxima de 3 meses desde a data de presentación da solicitude. |
Pagos: |
O complemento abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coas mensualidades de xuño e novembro. A pensión de xubilación ten garantidas contías mínimas, así como a súa revalorización ao comezo de cada ano, de acordo ao IPC previsto para ese ano. A pensión de xubilación está suxeita ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). |
Incompatibilidades/ |
A percepción da pensión de xubilación é compatible con certos traballos. Consultar |
Prazos: |
A tramitación da pensión de xubilación deberá resolverse e notificarse ao interesado nun prazo máximo de 90 días. |
Extinción: |
Ao ser unha pensión vitalicia só se extingue coa morte do beneficiario. |
Impresos: | |
Documentación: |
A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude. |
Onde se tramita: |
Nos centros de atención e información da Seguridade Social. |
Entidade competente: |
A xestión e o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, agás os traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial do Mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña. |
Outros datos de interese: |
Xubilación anticipada por razón do grupo ou actividade profesional Pódese ter dereito a pensión de xubilación en varios réximes da Seguridade Social se se reúnen os requisitos esixidos en cada un deles. No caso de acceder á pensión desde a situación de non alta, é necesario que as cotizacións acreditadas en cada réxime se superpoñan, polo menos, 15 anos. |