Prestación de Risco durante o embarazo
Procedemento
Información xeral
Obxecto: |
A prestación económica trata de cubrir a perda de rendas que se produce durante o período de suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, cando a traballadora teña que cambiar de posto de traballo ou de actividade por outra compatible co seu estado non resulte técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados. |
---|---|
Beneficiarios/requisitos: |
As traballadoras por conta allea ou propia en situación de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da súa actividade profesional por risco durante o embarazo, que cumpran os requisitos esixidos:
|
Contía: |
Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente, que será a establecida para a prestación de IT derivada de continxencias profesionais. Ao efectuarse o pago deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF. |
Duración/extinción:
|
O dereito ao subsidio nace dende o mesmo día que se inicia a suspensión do contrato de traballo ou o permiso por risco durante o embarazo, aboarase durante o tempo que sexa necesario para a protección da saúde da traballadora embarazada e/ou do feto e finalizará o día anterior ao de inicio do descanso por maternidade ou o de reincorporación ao posto de traballo. O dereito extínguese:
|
Anulación / Suspensión: |
|
Impresos: | |
Documentación: |
Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito. |
Onde tramitalo: |
A solicitude e documentación necesaria deberá dirixirse a calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social da Entidade xestora ou, se é o caso, á Mutua colaboradora coa Seguridade Social. |
Entidade competente: |
A xestión e o pagamento da prestación corresponde á Dirección Provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM), na que teña o seu domicilio a interesada, ou á Mutua colaboradora coa Seguridade Social, en función da Entidade que cubra os riscos profesionais. |
Prazos: |
O Director provincial ditará unha resolución expresa da Entidade xestora da provincia na que teña o domicilio a interesada dictará resolución expresa e notificaralla á mesma no prazo de 30 días. O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte á do feito causante, sen prexuízo de que os efectos se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data da solicitude. |
Outros datos de interese: |
|