Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean exercendo a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación.
Aplícase aos traballadores de calquera nacionalidade.

Desprazamento inicial

Para os traballadores por conta allea, que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada temporalmente a Moldova para exercer a súa actividade alí e os traballadores que exercen a súa actividade por conta propia en España e que se trasladan temporalmente a exercer a súa actividade en Moldova deben solicitar ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que hai que tramitar

A empresa ou o traballador por conta propia presentarán, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, a solicitude de “Traballadores desprazados. Modelo TA.300”.

Se procede, a oficina competente da Tesouraría Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario ES/MD para certificar que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento en Moldova no período que se indique no mesmo, e en consecuencia está exento de cotizar á Seguridade Social dese país.

Período que hai que autorizar

O prazo máximo de duración do desprazamento é de cinco anos, tanto para os traballadores por conta allea coma para os traballadores por conta propia.
Este período máximo poderá solicitarse dunha soa vez ou en períodos sucesivos, dependendo da duración inicialmente prevista do desprazamento.

Prórroga ordinaria

Se os traballadores por conta allea ou por conta propia deben prolongar a súa estancia en Moldova máis alá dos cinco anos inicialmente previstos, o empresario ou traballador por conta propia deberán solicitar con suficiente antelación á finalización do último período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Formulario que hai que tramitar

A petición de prórroga deberá efectuarse pola empresa ou o traballador por conta propia, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, mediante a solicitude de “Traballadores desprazados. Modelo TA.300", preferentemente dentro dos seis meses anteriores á finalización do período de cinco anos mencionado no apartado anterior.
A oficina competente da Tesouraría Xeral da Seguridade Social dirixirase á Institución competente de Moldova para solicitar a súa conformidade á prórroga. Se se concede, expedirase o formulario ES/MD para certificar que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento en Moldova no período que se indique neste, e en consecuencia está exento de cotizar á Seguridade Social dese país.

Período que hai que autorizar

O prazo máximo de duración da prórroga é de dous anos, tanto para os traballadores por conta allea como os traballadores por conta propia.
Este período máximo poderá solicitarse dunha soa vez ou en períodos sucesivos, dependendo da duración inicialmente prevista do desprazamento.

Outros Desprazamentos

A TGSS será o órgano competente para autorizar os desprazamentos relativos a:

  • O persoal itinerante de empresas de transporte aéreo e terrestre con sede en España, que exerce a actividade en ámbolos dous países.
  • Os traballadores asalariados que residen en España e exercen a súa actividade a bordo dun buque con bandeira de Moldova, pero son remunerados por unha empresa ou persoa con domicilio en España.
  • Os traballadores españois que residen en España e que prestan os seus servizos nunha empresa pesqueira mixta constituída en Moldova e nun buque con bandeira moldova.
  • Os funcionarios españois destinados en Moldova, excluídos os membros do persoal das Misións Diplomáticas e Consulares.
  • O persoal das Misións Diplomáticas e das Oficinas Consulares, e o persoal ao servizo privado destes, rexeranse polo establecido nos Convenios de Viena de 1961 e 1963.
  • O persoal administrativo e técnico e os membros de servizo das Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España en Moldova, sempre que teñan nacionalidade española ou estivesen suxeitos á lexislación española e non sexan funcionarios públicos. Así como o persoal ao servizo privado dos membros das Misións ou Oficinas citadas anteriormente, sempre que teñan nacionalidade española ou estivesen suxeitos á lexislación española e non sexan funcionarios públicos, e exercesen o dereito de opción.
  • As persoas enviadas en misións de cooperación.
  • O persoal contratado pola Administración pública española, que non sexa Misión Diplomática ou Oficina Consular, para prestar servizos no territorio de Moldova, sempre que teñan nacionalidade española ou estivesen suxeitos á lexislación española, e exercesen o dereito de opción.
  • As persoas enviadas en misións de cooperación.

A solicitude presentarase, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, mediante a opción de “Traballadores Desprazados. TA 300", especificando a situación concreta na que se atopa a persoa e, nos tres últimos casos, se exerceu o dereito de opción pola lexislación española de Seguridade Social no prazo de tres meses dende a entrada en vigor do Convenio o 01/06/2024 ou, en cada caso, dende o inicio do traballo no territorio de Moldova.
O formulario ES/MD expedido, se procede, pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social certificará que o traballador está sometido á lexislación española de Seguridade Social durante todo o período previsto da súa actividade en Moldova, e en consecuencia está exento de cotizar á Seguridade Social dese país.

Outras excepcións

A tramitación das solicitudes doutras excepcións levaraa a cabo a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

A empresa ou o traballador por conta propia presentarán, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, a solicitude de “Traballadores Desprazados. TA 300”.
A oficina competente da Tesouraría Xeral da Seguridade Social dirixirase á Institución competente de Moldova para solicitar a súa conformidade. Se se concede, expedirase o formulario ES/MD para certificar que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o período do que se trate.

Oficina de trámites

A tramitación das solicitudes e no seu caso emisión do formulario ES/ED, para certificar o desprazamento dun traballador a Moldova ao abeiro do Convenio Bilateral entre España e Moldova; atópase atribuída á Unidade Funcional Especializada 09, con sede na Dirección Provincial de Bizkaia.

Complementary Content
${loading}