Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Videoatención. Tesorería General de la Seguridad Social

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social implementou unha nova canle de atención ao cidadán para realizar trámites sinxelos.

A videoatención xorde como unha resposta innovadora ás necesidades daqueles cidadáns que non dispoñen de medios de identificación electrónica ou habilidades dixitais suficientes que lle permitan xestionar estes trámites de maneira autónoma.

A través dunha videochamada, establécese unha comunicación instantánea e personalizada entre o cidadán e o funcionario, sen desprazamentos ás nosas oficinas. Para prestar este servizo de adecuadamente creamos unha unidade especializada: a Unidade de Video Atención (UVA), integrada por funcionarios especialmente formados para asistir ao cidadán, con amplos coñecementos, capacidades e habilidades comunicativas.

Actualmente a través de videochamada realízanse trámites frecuentes e habituais para o cidadán, nos que se require identificación:

  • A obtención de NUSS.
  • Comunicación ou modificación de datos de contacto.
  • Cambio de datos persoais.
  • Cambio de NIE a DNI.

O acceso á tramitación por videochamada realízase con cita previa, que será facilitada a través do teléfono de atención da TXSS 901 50 20 50 ou 91 541 02 91, previo asesoramento do axente telefónico, que ofrecerá ao cidadán todas as vías que a TXSS pon a disposición dos cidadáns para xestionar calquera dos trámites anteriormente indicados.

Para xestionar estes trámites por videochamada non é necesario que o cidadán achegue documentación previa, os seus datos están debidamente protexidos e o acceso á cita é sinxelo. O cidadán tan só necesita un dispositivo electrónico, xa sexa ordenador, tablet ou teléfono móbil, e conexión a internet.

Para guiar ao cidadán no proceso para conectarse á cita, previamente concertada, dispoñemos dun vídeo que explica de forma detallada os pasos a seguir

Complementary Content
${loading}