Categoría:
> Tema:
Este complemento substitúe ao anterior Complemento por Maternidade.
A quen afecta? Aos pensionistas de Clases Pasivas por xubilación ou retiro forzoso, a partir do 1 de xaneiro do 2022 por cada ano completo que prorrogue a súa permanencia no servizo activo.
Cal é a súa contía? Deberá optar polas seguintes fórmulas:
-
Unha porcentaxe mensual do 4 % da súa pensión, por cada ano completo de prórroga, ou
- Unha cantidade a tanto alzado, por anos completos cotizados, ou
- Unha combinación de ambas. (Esta opción aínda non foi obxecto de desenvolvemento regulamentario polo que actualmente non está dispoñible).
Como solicitalo? Os interesados deberán indicar a opción elixida na súa solicitude de xubilación presentada ante o seu órgano de xubilación competente do ministerio ou organismo onde prestase os seus servizos.
No caso de non indicar a súa opción nese momento, esta Dirección Xeral dirixirase a vostede por escrito para que exerza o referido dereito de opción, en canto reciba a documentación do seu ministerio ou organismo para recoñecer a súa pensión de xubilación ou retiro.
Pode atopar toda a información referente no apartado. - “Pensións de xubilación ou retiro/ Normas xerais e supostos especiais, punto b)”.