Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Beneficiarios / Requisitos

Pódese acceder a unha prestación de IT ao estar o traballador en situación de folga?

Se o traballador causou baixa médica con anterioridade á folga legal, continuará percibindo o subsidio de incapacidade temporal; esta mesma situación tamén é válida en caso de peche patronal.

En cambio, se se inicia a baixa médica durante a folga legal ou o peche patronal, non se percibirá o subsidio ata que estes finalicen. Non obstante, se a incapacidade temporal está causada por un accidente de traballo, si se recoñece e se paga a prestación.

Se a folga tivese a consideración de ilegal, non se terá dereito ao subsidio e a denegación subsiste aínda cando o traballador se encontre de alta no réxime de que se trate.

Pódese acceder a unha pretación de IT desde a situación de convenio especial?

Non procede, ao non cotizar por esa continxencia en situación de convenio especial, a excepción de deputados e senadores das Cortes Xerais, deputados do Parlamento Europeo e membros dos parlamentos e gobernos das CC. AA.

Se o traballador é o obrigado ao pagamento das cotas, compútanse as cotas prescritas e as efectuadas fóra do prazo para alcanzar o período mínimo de cotización?

As cotas sen pagar e/ou prescritas non se computan.

As aboadas fóra de prazo só serán válidas se o seu ingreso é anterior ao mes do feito causante ou, se é posterior, ese ingreso efectúase dentro do prazo regulamentario ou en virtude de aprazamento ou fraccionamento concedido con anterioridade ao feito causante.

Sempre é necesario que o traballador estea ao corrente no pagamento das cotas?

En principio, se se trata de traballador responsable do ingreso de cotizacións, será necesario que estea ao corrente, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco, nun réxime de traballadores por conta allea.

Para os efectos da esixencia ou non de que o traballador estea ao corrente, terase en conta o último réxime no que figurara de alta antes de causar a prestación:

  • Se no último réxime o traballador era o responsable do pagamento, para causar o dereito á prestación será necesario que non teña ningunha débeda pendente en ningún dos réximes aos que pertencera ao longo da súa vida laboral.

  • Se no último réxime o traballador non era o responsable do pagamento, pero pertenceu a algún outro réxime no que si o era, esixirase que estea ao corrente unicamente se as cotizacións a estoutros réximes producen efectos para o acceso ou na contía da prestación.

Que acontece se un traballador sofre un accidente de traballo ou enfermidade profesional nunha actividade e está pluriempregado ou en pluriactividade?

Producido un accidente de traballo nunha determinada actividade, se o traballador, debido ao seu pluriemprego ou pluriactividade, estivese noutra empresa ou nalgún outro Réxime da Seguridade Social, as prestacións recoñeceranse da seguinte forma:

a) Se a outra actividade ou emprego é por conta allea, considérase como accidente laboral.

b) Se a outra actividade é por conta propia:

  • Se é un accidente, considérase como accidente non laboral.

c) Se a outra actividade é por conta propia e o traballador non tivese optado pola cobertura das continxencias profesionais:

  • Se é unha enfermidade protexida como accidente de traballo (infarto), considérase como enfermidade común.

d) Se a outra actividade é por conta propia e o traballador tivese optado pola cobertura das continxencias profesionais:

  • Se é unha enfermidade protexida como accidente de traballo (infarto), considérase como accidente laboral. As denominadas enfermidades do traballo teñen a consideración de accidente de traballo, sempre que no réxime especial por conta propia se teñan cubertas as continxencias profesionais, e iso en virtude da identidade existente entre o concepto que destas fixa o artigo 3.2.c) do Real Decreto 1273/2003 e o artigo 115.2.e) da Lei Xeral da Seguridade Social.

 

TRABALLADOR A TEMPO PARCIAL E PERCEPTOR DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

O accidente de traballo parcial sufrido por un traballador a tempo parcial que ademais é perceptor de prestacións por desemprego, considerarase como tal polo traballo a tempo parcial pero derivada de continxencia común dende a situación de percepción de prestacións por desemprego, dado que nesta situación, a cotización á Seguridade Social  non comprende as cotas correspondentes a accidentes de traballo e enfermidade profesional.

Se o traballador obrigado ao pagamento das cotas ten cuberto o período mínimo de cotización, pero non está ao corrente no pagamento desas cotas, fáiselle unha invitación ao pago?

Denégase a prestación por non encontrarse ao corrente no pagamento das cotizacións á Seguridade Social, e notifícaselle a invitación ao pagamento.

Se no prazo de 30 días naturais, contados dende a recepción da notificación, efectúa ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social o ingreso que resulte necesario para cumprir este requisito, consideraráselle ao corrente e procederase a recoñecer a prestación.

Non obstante, se o ingreso se realizase despois dos 30 días, pero dentro do prazo de prescrición de 5 anos,  aboarase a prestación dende a data de efectos, minorada nun 20%.

Pode percibir a prestación por IT un traballador con contrato a tempo parcial que non traballe todos os días? E se é un fixo descontinuo que non está a traballar no momento no que se produce a baixa?

Os traballadores a tempo parcial encóntranse de alta durante todos os días que dure o seu contrato de forma que se a baixa médica xorde un día no que non deben traballar, nace a situación de |IT  coma se se tratase dun traballador a tempo completo.

Cando o feito causante da IT se produce durante os períodos de inactividade, non se percibe o subsidio. É unha situación asimilada á alta, e a empresa aboa a prestación ao comezo da campaña en réxime de pagamento delegado, na porcentaxe que lle corresponda. O cómputo do período de IT nace na data da baixa médica.

Como se calcula o período máximo de cotización esixido para percibir a IT no caso dos traballadores a tempo parcial?

Os días teóricos de cotización calcúlanse ao dividir por 5 o número de horas efectivamente traballadas, equivalente diario do cómputo de 1.826 horas anuais.

O período de 5 anos no que deben estar comprendidas as cotizacións amplíase na mesma proporción en que se reduce a xornada efectivamente traballada respecto da xornada habitual da actividade de que se trate.

Pódense computar os días cota para alcanzar o período mínimo de cotización no recoñecemento da IT?

Para alcanzar o período de cotización esixido (180 días nos 5 anos inmediatamente anteriores á data do feito causante), ademais das cotizacións efectivamente realizadas ou as expresamente asimiladas a elas, tamén son computables os días cota ou parte proporcional de pagas extras, exceptuando as realizadas baixo un contrato de formación, posto que neste caso se cotiza por unha cantidade fixa na que non vai rateada a parte proporcional das pagas extras.

Complementary Content
${loading}