Pensionistas e pensións nacionais
Tema: Solicitudes e comunicación de datos
-
Solicitudes e comunicación de datos
-
Que datos debe comunicar o pensionista á súa Entidade xestora?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datosO pensionista debe comunicarlle á súa Entidade xestora, dentro dos 30 días seguintes a que se produzan, as seguintes variacións:
-
Cambios de domicilio: residencia habitual ou fiscal.
-
Inicio de actividades laborais.
-
Cambios na situación económica: recoñecemento e/ou cobramento doutras prestacións ou pensións nacionais ou estranxeiras ou outro tipo de rendas.
-
Cambios da situación familiar: estado civil, nacementos, defuncións...
Se o pensionista reside no estranxeiro debe enviar así mesmo o certificado de fe de vida dentro do primeiro trimestre natural de cada ano, para acreditar a súa vivencia e así poder continuar percibindo a súa pensión e evitar a suspensión desta.
Igualmente, e sempre antes do 1 de marzo de cada ano, os pensionistas que teñan asignados complementos por mínimos na súa pensión e que obtivesen ingresos brutos por rendas de traballo, capital ou outros conceptos (superiores á contía que anualmente se estableza), deberán presentar a declaración expresa destes.
Para notificar estes cambios, o pensionista pode facelo a través da Sede Electrónica da Seguridade Social ou a través do Portal Tu Seguridad Social, no apartado “Xestiona a túa prestación”. Para iso, debe dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve. No caso de non dispor de ningún destes medios, o pensionista ten á súa disposición unha serie de formularios, que pode atopar nesta páxina web. Unha vez completado e asinado o formulario correspondente polo propio pensionista, pode ser enviado por correo ordinario ou ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).
Accións dispoñibles -
-
Como notificar os cambios de entidade bancaria e de domicilio?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datosPode notificar estes cambios, o pensionista pode facelo a través da Sede Electrónica da Seguridade Social ou do Portal Tu Seguridad Social, no apartado “Xestiona a túa prestación”. Para iso, debe dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve. En caso de non dispoñer de ningún destes medios, o pensionista ten á súa disposición un formulario denominado Modificación de datos bancario e de domicilio.
Se o pensionista reside no estranxeiro debe completar os datos bancarios engadindo o BIC ou SWIFT dependendo do país de residencia.
Unha vez completado e asinado o formulario polo propio pensionista, pode ser enviado por correo ordinario ou ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).
Accións dispoñibles -
É necesario comunicar o falecemento do pensionista?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datosO falecemento debe comunicarse en todo caso, achegando o certificado de defunción do pensionista, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social (para o cal debe dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve) ou presencialmente en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).
Se o pensionista reside no estranxeiro, deberá notificarse o falecemento á Dirección Provincial do INSS que lle xestiona a súa pensión, ou no seu defecto, á Consellaría Laboral da Embaixada de España do lugar de residencia.
Accións dispoñibles -
Como obter un certificado para acreditar que se percibe ou non unha pensión da Seguridade Social?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datos-
Se dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve, pode obter directamente o certificado acreditativo de que percibe pensión ou, no seu caso, de que non figura como titular de pensión pública a través do servizo da Sede Electrónica denominado “Certificados de prestacións” ou a través do Portal Tu Seguridad Social.
-
Se non dispón de ningún destes medios, para solicitar o certificado acreditativo de que se percibe ou non pensión da Seguridade Social, ten á súa disposición un formulario denominado "Solicitude de certificados". Unha vez completado e asinado o formulario, pode ser enviado por correo ordinario ou ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).
-
Se reside no estranxeiro e non dispón de certificado dixital, pode obter directamente o certificado a través da Dirección Provincial do INSS que xestiona a súa pensión.
Accións dispoñibles -
-
Como se pode obter información relacionada coa solicitude de prestación presentada?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datos-
Se dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve, o interesado pode obter directamente a información sobre o estado no que se atopa a súa solicitude de prestación a través do servizo da Sede Electrónica denominado “Como vai a miña prestación?” ou a través do Portal Tu Seguridad Social, no apartado “Os teus Datos – Xestións”.
-
Se non dispón de ningún destes medios, para obter esta información, o interesado debe dirixirse a calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).
Accións dispoñibles -
-
Se necesito solicitar unha prestación ou unha variación sobre unha prestación xa recoñecida, como podo realizar a miña solicitude?
Categoría: Pensionistas > Tema: Solicitudes e comunicación de datos- Se dispón de certificado electrónico ou cl@ve utilice o servizo correspondente da sede electrónica e asine electronicamente a súa solicitude.
- Se non dispón de certificado electrónico ou cl@ve, pode utilizar a plataforma Solicitude e trámites da seguridade social.
- Neste último caso, pedirémoslle que insira unha foto, tomada nese mesmo momento, do seu rostro mostrando o seu documento de identidade e poderá asinar a súa solicitude en pantalla.
Accións dispoñibles
-