Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Pensionistas e pensións nacionais

Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

  • Retencións por IRPF - Embargos da pensión

    • Que ingresos do pensionista se consideran para determinar o tipo impositivo do IRPF no recoñecemento inicial da pensión?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      Para o cálculo da base anual da pensión, determinante do tipo impositivo do IRPF , terase en conta o importe da prestación polo número de pagas que lle corresponden, incluídas as pagas extraordinarias, ata o final do exercicio.


      Cando perciba un mesmo titular prestacións no estranxeiro e en España, sumaranse as dúas aplicándolle á base anual conxunta a normativa do imposto correspondente á residencia fiscal do titular.

      Accións dispoñibles
    • Pode o titular da pensión solicitar a aplicación dun tipo voluntario para os efectos das retencións por IRPF?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      Si, existe esa posibilidade sempre que o tipo voluntario solicitado sexa superior ao que, en cada momento, lle corresponda consonte a súa situación económica, persoal e familiar. Pode solicitalo a través da Sede Electrónica da Seguridade Social ou do Portal Tu Seguridad Social, no apartado “Xestiona a túa prestación”. Para iso, debe dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve.

      No caso de non dispoñer de ningún destes medios, existe un formulario denominado “Incremento voluntario da retención por IRPF”. Unha vez completado e asinado o formulario, pode ser enviado por correo ordinario ou ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

      O tipo de retención voluntario solicitado aplicarase, como mínimo, ata o final do exercicio económico e mentres non renuncie por escrito á citada porcentaxe ou non solicite un tipo de retención superior, durante os exercicios sucesivos, agás que se produza variación das circunstancias que determinen un tipo superior ao solicitado voluntariamente.

      Accións dispoñibles
    • Que particularidades teñen, en materia de IRPF, os titulares de prestacións residentes no estranxeiro?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      Os titulares de prestacións residentes no estranxeiro non deben indicar as súas circunstancias persoais e familiares, xa que non se van ter en conta para os efectos da retención do IRPF .

      Ademais, terase en conta se existe ou non convenio bilateral subscrito por España para evitar a dobre imposición fiscal. Se existe, non se aplica a retención polo IRPF e rexen, con carácter xeral, as normas previstas en cada convenio.

      Accións dispoñibles
    • Pódense embargar as pensións do sistema da Seguridade Social e en que contía?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      As pensións do sistema da Seguridade Social poden embargarse, de acordo coa escala prevista no  art. 607 da Lei de procesamento civil, mentres a contía da prestación supere o importe do SMI  vixente en cada momento. 

      Se os salarios, soldos, pensións ou retribucións estivesen gravados con descontos permanentes ou transitorios de carácter público, en razón da lexislación fiscal, tributaria ou de Seguridade Social, a cantidade líquida que percibise o titular, deducidos estes, será a que sirva de tipo para regular o embargo.

      Exceptúanse da regra xeral aqueles supostos de execución de sentenza que condene ao pagamento de alimentos en todos os casos nos que a obriga de satisfacelos xurda directamente da Lei, incluíndo os pronunciamentos das sentenzas ditadas en procesos de nulidade, separación ou divorcio sobre alimentos debidos ao cónxuxe ou aos fillos. Nestes casos, e tamén nos das medidas preventivas correspondentes, o órgano xudicial fixará a cantidade que pode ser embargada.

      Accións dispoñibles
    • E inembargable o importe do salario mínimo interprofesional?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      Con carácter xeral, é inembargable a contía da pensión que non exceda do SMI   vixente en cada momento, aplicándose as correspondentes porcentaxes a embargar sobre os importes que superen ese SMI.

      Accións dispoñibles
    • Como se determinan as porcentaxes que se van embargar na pensión?
      Categoría: Pensionistas > Tema: Retencións por IRPF - Embargos da pensión

      As retencións efectúanse de forma graduada mediante a aplicación da escala prevista no art. 607 da Lei de procesamento civil.

       

      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}