Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Aviso Legal

  1. CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO PORTAL DA SEGURIDADE SOCIAL

    A Seguridade Social infórmalle que o acceso e uso da páxina web www.seg-social.es e todos os subdominios e directorios incluídos baixo esta (en diante, conxuntamente denominados como o Portal), así como os servizos ou contidos que a través dela se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste Aviso Legal, sen prexuízo de que o acceso a algún destes servizos ou contidos puidesen precisar da aceptación dunhas Condicións Xerais adicionais.

    Por iso, se as consideracións detalladas neste Aviso Legal non son da súa conformidade, pregamos que non faga uso do Portal, xa que calquera uso que faga deste ou dos servizos e contidos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

    A Seguridade Social reserva o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos que ofrece o Portal actualízanse periodicamente. A que a actualización da información non é inmediata, polo que lle suxerimos comprobar sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no Portal.

    As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que o convidamos a revisar estes termos cando visite de novo o Portal. A Seguridade Social non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas en www.seg-social.es en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións deben de ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes. Sexa como for, a información e contidos desta Web non poderá ser alegada en procesos contraditorios coa Administración Pública, non asumindo responsabilidade algunha polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

  2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL

    Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte, como os logos, marcas, e demais signos distintivos que aparecen neste, pertencen á Seguridade Social ou Entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual. Igualmente están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual as imaxes, etc., contidos no servidor da Seguridade Social.

    A información dispoñible neste sitio web, agás indicación expresa contraria, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

    • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
    • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
    • O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización.

    A Seguridade Social declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar a violar os seus dereitos, rogamos que se poña en contacto coa Seguridade Social, a través do seu formulario de Suxestións e queixas.

  3. LINKS OU HIPERLIGAZÓNS

    Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Seguridade Social deberán de ter en conta o seguinte:

    1. O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Seguridade Social e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Seguridade Social dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Seguridade Social autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece a hiperligazón.
    2. A Seguridade Social non se responsabiliza de ningún modo nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
    3. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Seguridade Social, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
    4. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas e á orde pública, como tampouco conterá contidos contrarios a calquera outro dereito de terceiros.

  4. FRAMES

    A Seguridade Social prohibe expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.

  5. PRIVACIDADE

    De acordo co Regulamento Xeral de Protección de datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD-GSS), a Seguridade Social comprométese a tratar os datos con respecto á devandita normativa en vigor. Para estes efectos, adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos.
    A recollida e tratamento dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos solicitados en cada momento polo usuario e o seguimento de consultas formuladas por estes.
    Vostede terá a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación do tratamento e oposición a el, dos seus datos persoais que obran nos ficheiros da Seguridade Social, solicitándoo a través do correo electrónico delegado.protecciondatos@seg-social.es.
    A Seguridade Social mantén a protección dos seus datos persoais conforme o artigo 32 do RGPD sobre seguridade dos datos e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que vostede facilite á Seguridade Social, sen prexuízo de que as medidas de seguridade en Internet non sexan inexpugnables.
    A Seguridade Social reserva a facultade de modificar a presente Política de Privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos. Neste caso, a Seguridade Social anunciará estes cambios, indicando claramente e coa debida antelación as modificacións efectuadas e solicitando, no caso de que sexa necesario, a súa aceptación destes cambios.

  6. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

    A Lei aplicable no caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente Portal, será a Lei española.

    Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao Portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, a Seguridade Social e o Usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais de domicilio do Usuario, sempre que este estea situado en territorio español.

  7. POLÍTICA DE CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS. REQUISITOS

    Para acceder aos servizos e trámites da Seguridade Social a través de certificado electrónico deberá de acreditar a súa identidade e, nos casos que así se requira, asinar electronicamente os escritos presentados. Para estes fins, aceptaranse os certificados electrónicos admitidos pola Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}