Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Nacemento do dereito, duración, suspensión, reinicio e extinción

Nacemento do dereito


  • Dende o día seguinte á finalización do mes de espera, sempre que se solicite no prazo dos 15 días seguintes á terminación do mesmo.
  • Se se solicita fóra de prazo, o dereito nace a partir da solicitude, reducíndose a súa duración en tantos días como medien entre a data na que tivese lugar o nacemento do dereito, e aquela na que efectivamente se formulase a solicitude.
  • O subsidio especial para parados de longa duración, nacerá ao día seguinte de terse esgotada a prestación e o que ten a súa causa en atoparse en situación legal de desemprego, sen cotizacións suficientes para causar a prestación contributiva, ao día seguinte de producirse a situación legal de desemprego ou de finalización do período de vacacións retribuídas non gozadas antes do cesamento ou do período de salarios de tramitación, no seu caso, sempre en ambos casos que se solicite no prazo dos 15 días seguintes á situación protexida.

Duración


Traballadores que esgotaron a prestación contributiva por desemprego e teñen responsabilidades familiares:

  • Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses, coas seguintes excepcións.
    • Os menores de 45 anos que esgotasen unha prestación contributiva de, polo menos, 180 días terán, ademais, dereito a outra prórroga de 6 meses, ata totalizar 24 meses.
    • Os maiores de 45 anos que esgotasen unha prestación contributiva de, polo menos, 120 días terán, ademais, dereito a outra prórroga de 6 meses, ata totalizar 24 meses.
    • Os maiores de 45 anos que esgotasen unha prestación contributiva de, polo menos, 180 días terán, ademais, dereito a dúas prórrogas de 6 meses cada unha, ata totalizar 30 meses.
      A idade debe terse na data de esgotamento da prestación contributiva por desemprego.
  • No caso de traballadores fixos descontinuos a duración será equivalente ao número de meses cotizados no ano anterior á solicitude.

Traballadores maiores de 45 anos que esgotaron a prestación por desemprego e non tiveran responsabilidades familiares:

  • Seis meses improrrogables.
  • No suposto de traballadores fixos descontinuos a duración será equivalente ao número de meses cotizados por desemprego no ano anterior á solicitude.

Traballadores emigrantes retornados:

  • Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

Traballadores que, ao producirse a situación legal de desemprego, non cubriron o período mínimo de cotización para acceder a unha prestación contributiva:

  • Estará en función do número de meses cotizados e se ten ou non responsabilidades familiares:
    • No caso de que o traballador teña responsabilidades familiares:
      • Tres, catro ou cinco meses, se se cotizaron 3, 4 ou 5 meses respectivamente.
      • 21 meses se se cotizaron 6 ou máis meses.
    • No caso de que o traballador non teña responsabilidades familiares:
      • 6 meses, improrrogables, se se cotizaron 6 ou máis meses.
    • A duración do subsidio no caso de traballadores fixos descontinuos, será equivalente ao número de meses cotizados por desemprego no ano anterior á solicitude.
  • Cando se recoñeza o dereito nestes supostos, as cotizacións que serviron para o nacemento do subsidio non poderán ser tidas en conta para o recoñecemento dun novo dereito a prestación de nivel contributivo ou asistencial.

Liberados de prisión e remisión de condena por desintoxicación:

  • Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

Traballadores que sexan declarados plenamente capaces ou inválidos parciais como consecuencia de expediente de revisión por melloría dunha situación de gran invalidez, invalidez permanente absoluta ou total para a profesión habitual:

  • Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

Subsidio por desemprego para traballadores maiores de 55 anos:

  • Ata que o traballador alcance a idade para acceder á pensión de xubilación contributiva en calquera das súas modalidades.

Suspensión


A suspensión do dereito supón a interrupción do aboamento de prestacións económicas e de cotización, e non afectará ao período da súa percepción agás no caso de sanción; as causas que o motivan son:

  • Traslado ao estranxeiro para a busca ou realización dun traballo, perfeccionamento profesional ou cooperación internacional por un período continuado inferior a doce meses. Non terá consideración de traslado de residencia a saída ao estranxeiro por tempo non superior a 15 días naturais por unha soa vez cada ano, sempre que fora previamente solicitada e autorizada, sen prexuízo do cumprimento das obrigacións establecidas no artigo 231.1 do Texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.
  • Incorporación ao servizo militar ou prestación social substitutiva, ou cumprimento de condena que implique privación de liberdade, salvo que o traballador teña cargas familiares e non dispoña de ningunha renda familiar, cuxa contía exceda do salario mínimo interprofesional. Neste caso continuará percibindo o subsidio previa solicitude do interesado.
  • Realización dun traballo por conta allea inferior a 12 meses, ou dun traballo por conta propia de duración inferior a 24 meses.
  • Obtención, por tempo inferior a 12 meses, de rendas superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, e tamén por deixar de reunir, por tempo inferior a doce meses, o requisito de responsabilidades familiares, cando fose necesario para o recoñecemento do dereito.
  • Por imposición de sanción por infraccións leves e graves nos termos establecidos na Lei de infraccións e sancións na orde social durante o período que corresponda.


Restablecemento


En todos os casos de suspensión, agás por sanción, o traballador debe solicitar a reanudación do dereito ao finalizar a causa que determinou a suspensión.

O restablecemento suporá o dereito a percibir a prestación por desemprego polo período que lle quedase e coa base reguladora e porcentaxe desta que correspondese no momento da suspensión, sempre que acredite que finalizou a causa da suspensión que, no seu caso, esa causa constitúe situación legal de desemprego, ou que se manteñen os requisitos de carencia de rendas ou existencia de responsabilidades familiares.

En caso de suspensión por sanción, o dereito restablecerase coa porcentaxe da prestación que corresponda tendo en conta o período percibido e o período de sanción e que o traballador figure inscrito como demandante de emprego.

O dereito ao restablecemento nacerá a partir do termo da causa de suspensión sempre que se solicite no prazo dos 15 días seguintes, e a solicitude requirirá a inscrición como demandante de emprego se esta non se efectuase previamente, e considerarase reactivado o compromiso de actividade, agás naqueles casos nos que se esixa a subscrición dun novo compromiso.

Se se presenta a solicitude transcorrido o prazo citado, perderanse tantos días de prestación como medien entre a data en que tivera lugar o nacemento do dereito de terse solicitado en tempo e forma e aquela en que efectivamente se tivera efectuada a solicitude.

No caso de existir período que corresponda a vacacións anuais retribuídas e non gozadas antes do cesamento, a situación legal de desemprego e o nacemento do dereito producirase unha vez transcorrido este período, sempre que se solicite dentro do prazo dos quince días seguintes á finalización do mesmo.


Extinción


O dereito ao subsidio por desemprego extínguese polas causas seguintes:

  • Esgotamento do período recoñecido.
  • Traslado de residencia ao estranxeiro do traballador, salvo nos casos de suspensión.
  • Falecemento do beneficiario.
  • Que o beneficiario pase a ser perceptor dunha pensión por xubilación ou incapacidade (total, absoluta ou gran invalidez), podendo en caso de incapacidade optar entre unha ou outra prestación.
  • Realización dun traballo por conta allea de duración igual ou superior a doce meses, ou dun traballo por conta propia de duración igual ou superior a 24 meses.
  • Cumprimento por parte do beneficiario da idade ordinaria de xubilación, salvo que non teña dereito á pensión por esta continxencia ou se trate de supostos de suspensión de relacións laborais ou redución de xornada autorizadas por resolución administrativa.
  • Renuncia voluntaria ao dereito.
  • Obtención de rendas cuxa contía supere o 75% do Salario Mínimo Interprofesional, durante un período de tempo igual ou superior a 12 meses.
  • Deixar de reunir o requisito de responsabilidades familiares, cando fose necesario para o recoñecemento do dereito, durante un período de tempo igual ou superior a 12 meses.
  • Imposición de sanción nos termos previstos na Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.
Complementary Content
${loading}