Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Plan de Benestar e Servizos Sociais do Instituto Social da Mariña

Os Servicios Sociais Xerais son aqueles nos que o Instituto Social da Mariña actúa de forma coordinada coa rede xeral de Servizos Sociais Públicos, e están constituídos polos seguintes programas:

  • Programa de Información e Valoración:
    • O seu obxectivo é informar, orientar e asesorar sobre todos os temas relacionados co benestar social, tanto das redes públicas coma do propio Instituto Social da Mariña, atendendo ou dirixindo, se é o caso, as solicitudes presentadas.
    • Tamén permite a valoración da problemática social a través da análise das demandas presentadas e das actuacións propias dos traballadores sociais.
  • Programa de Participación Comunitaria e Actuacións Sectoriais:
    • O seu obxectivo fundamental é a integración do sector marítimo-pesqueiro na súa comunidade e na poboación xeral, promovendo para elo o asociacionismo e a participación na vida sociocultural, concienciándoo do seu protagonismo na solución dos seus problemas, tanto individuais coma de grupo, e propiciando o voluntariado social.
    • Este programa complétase con actuacións nos seguintes sectores de poboación:
      • Pensionistas: o Instituto Social da Mariña centra a súa xestión na asistencia e promoción de clubs e asociacións de pensionistas dotados de estatutos propios para a súa organización, goberno e funcionamento autónomo.

        En torno a estas organizacións, o Instituto Social da Mariña impulsa a realización de diversas actividades e facilita os medios materiais para a súa realización (viaxes, exposicións, conferencias, cursos, etcétera (|Etc. ).
      • Muller: as actuacións céntranse en:

        • A impartición de cursos de promoción social que eleven o nivel cultural e a preparación persoal.
        • A divulgación de medidas encamiñadas á mellora da saúde familiar.
        • A promoción do asociacionismo como medida de auto-axuda e de participación comunitaria.
      • Infancia e Xuventude: ademáis dos recursos no ámbito educativo, o Instituto Social da Mariña organiza colonias infantís e promociona o asociacionismo xuvenil ou a súa participación nas organizacións xuvenís existentes.

Os Servizos Sociais do Instituto Social da Mariña son aqueles nos que, pola súa propia especificidade marítima, actúa como único órgano da Administración encargado da execución dos mesmos, dando así resposta ás obrigas contraídas pola ratificación do Convenio C163 da Organización Internacional do Traballo (OIT ) sobre o benestar da xente de mar, 1987.

Despois de se produciren as transferencias á maioría das Comunidades Autónomas nesta área, e de acordo co novo marco referencial, definido polas competencias e funcións reservadas á Administración do Estado polos Reais Decretos de traspasos das funcións e servizos sociais que se estaban a desempeñar,  o Instituto Social da Mariña estuda implantar un novo plan de servizos sociais, con actuacións dirixidas á atención das necesidades sociais dos traballadores do mar, que no desempeño do seu exercicio profesional, se atopan apartados do seu medio sociofamiliar. O seu principal obxectivo é o de contribuír, fundamentalmente, ao seu desenvolvemento persoal, paliando o illamento e o afastamento do seu medio socio-familiar, e das redes básicas de cultura, educación, formación, promoción profesional, e de participación política, social e comunitaria.

Neles inscríbense os seguintes programas:

  • Programa de benestar en porto:
    • O seu obxectivo é informar sobre os recursos dispoñibles, tanto do propio Organismo como da cidade e da contorna, e facilitar a estancia dos mariñeiros nacionais e estranxeiros, poñendo á súa disposición as instalacións e servizos sociais que ofrecen as casas do mar que desempeñan un importante papel como Centro Director de Servizos e como lugar de xeración destes (información e asistencia social, hospedarías, espazos recreativos e culturais, etc.)(|etc.) 
    • Estas Casas do Mar atópanse situadas nos portos ou nas súas proximidades inmediatas seguindo as recomendacións da Organización Internacional do Traballo, e de acordo coa súa Convenio C165 sobre a seguridade social da xente de mar (revisado), 1987, os servizos ofrécense a todos os traballadores do mar, independentemente da súa nacionalidade.
    • Tamén se asiste aos traballadores do mar, sen distinción de nacionalidade, de acordo cos Convenios da Organización Internacional do Traballo (O.I.T.), en caso de naufraxio e situacións análogas, ben ata o seu regreso ao fogar, cando os implicados son mariños españois ou nacionais de calquera país do Espazo Económico Europeo, ou ata que o Consulado dos seus respectivos países ou consignatarios se fagan cargo dos mariños no outro caso.
  • Programa de benestar a bordo.
    • Ten como obxectivo lograr unha axeitada utilización do tempo de lecer nos buques para preparar e dispoñer aos mariños  na súa integración á vida comunitaria, paliando o seu illamento e o afastamento do seu medio socio-familiar.
    • En portos estranxeiros o Instituto Social da Mariña mantén:
      • Centros Asistenciais no Estranxeiro nos portos que son máis frecuentados pola flota española, prestando servizos de asistencia sanitaria, asistencia social, de apoio e asesoramento.
      • Servizo de evacuación e repatriación, que coordina as actuacións necesarias para repatriar aos tripulantes españois que, por calquera causa, se atopen abandonados en portos estranxeiros.

Na área de Servizos Sociais, o Instituto Social da Mariña (ISM ) ten como obxectivo preferente, a vertebración e execución da súa política social co obxectivo principal de lograr a integración social do colectivo humano do sector marítimo-pesqueiro. As súas actuacións lévaas a cabo en coordinación coas políticas sociais que desenvolven as Comunidades Autónomas, os Municipios ou outras Entidades do sector, nos ámbitos de actuación común.

O Plan de Benestar e Servizos Sociais considera o colectivo marítimo-pesqueiro como parte da poboación receptora do sistema xeral de Servizos Sociais, pero afirmando tamén,a extraterritorialidade e as implicacións diferenciais do traballo no mar, tanto do traballador en si, coma nas súas situacións socio-familiares, sendo estas as causas xustificativas da actuación do Instituto Social da Mariña.

Este Plan está dividido en dous grupos de actuación nos que se desenvolven varios programas:

  • Servizos Sociais Xerais 
  • Servizos Sociais Específicos do Instituto Social da Mariña
Complementary Content
${loading}