Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Buques de asistencia médica e loxística.

Situados en zonas de gran concentración de flota española, prestan asistencia sanitaria “in situ” a calquera barco que o solicite e se atope dentro da súa área de cobertura, facilitando tanto a consulta por radio, ambulatoria e mesmo a hospitalización a bordo dos pacientes cando é así prescrita. Se a gravidade do caso o require, tamén realizan a evacuación a terra do enfermo no medio máis adecuado e rápido posible.

Desempeñan a súa actividade en estreita colaboración co Centro Radio-Médico do Instituto Social da Mariña e co Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo, responsable de organizar a evacuación do tripulante dende alta mar no medio dispoñible máis adecuado, nos casos que precisan evacuación urxente a porto.

Como complemento da actividade sanitaria, tamén prestan apoio loxístico de emerxencia, como desenganche de redes, servizo de mergulladores, reparacións eléctricas, etc.,  aos barcos españois que o precisen e, mesmo, recollida de náufragos.

Buques sanitarios e de apoio loxístico "Esperanza del Mar" e “Juan de la Cosa”.

Buque Hospital Esperanza del Mar

Trátase de barcos especificamente deseñados coma buques hospitais para prestar asistencia sanitaria e loxística aos barcos pesqueiros españois en calquera caladoiro e para navegar por todos os mares do mundo e ante condicións climatolóxicas extremas.

Buque Hospital Juan de la Cosa

Foron construídos en estaleiros españois, e contan co mellor equipamento sanitario e os últimos avances técnicos, sendo os únicos buques destas características que existen no mundo e que, ademais, son propiedade da Administración da Seguridade Social.

O deseño de ambos barcos realizouse tomando como base un hospital que ocupa unha cuberta completa dende proa, con acceso directo ao heliporto e á cuberta, o que facilita o traslado de enfermos e náufragos á zona hospitalaria.


A zona hospitalaria está dotada, entre outros servizos, de:

  • Quirófano.
  • Laboratorio.
  • Sala de Coidados Intensivos.
  • Sala de curas.
  • Sala de exploracións radiográficas.
  • Sala de illamento (para o tratamento de queimados, infecciosos e psiquiátricos).

Ademais, contan cunha zona de náufragos, camarotes, áreas comúns e áreas de servizo.

Sala de quirófano

A capacidade inicial do “Esperanza del MAR” é de 17 pacientes na zona hospitalaria e 30 na de náufragos, sendo as áreas de enfermos e náufragos independentes do resto das dependencias do buque. O “Juan de la Cosa” pola súa parte ten unha capacidade para 10 pacientes na cuberta do hospital máis 12 camas para ampliación do hospital e uso diverso.


A seguridade está presente en todo momento, tanto pola amplitude de camarotes, disposición das camas ou sistema de compartimentos nos mesmos, coma no que respecta aos dispositivos de posta a flote e recuperación de lanchas salvavidas. Esta é unha operación clave tanto na saída urxente dos médicos para atender aos enfermos a bordo dos seus propios buques, como para subir a estes ao buque hospital.

Os servizos que se prestan dende os barcos, tanto sanitarios coma loxísticos, son os seguintes:

  • Servizos de apoio Sanitario:
    • Consultas radiomédicas.
    • Consultas a través de videoconferencia.
    • Consultas ambulatorias a bordo do propio buque.
    • Desprazamentos do equipo sanitario a buques que solicitan axuda ou  Hospitalizacións na clínica de a bordo.
    • Intervencións cirúrxicas menores.
    • Evacuacións por helicóptero, outras embarcacións ou no propio barco.
  • Servizos de Apoio Loxístico de Urxencia:
    • Traballos efectuados por mergulladores.
    • Asistencias mecánicas.
    • Asistencias eléctricas.
    • Asistencias electrónicas.
    • Remolques.
    • Subministro de auga.
    • Subministro de combustible en emerxencia.
    • Colaboración con buques da Armada na zona.

Cuberta do Buque Hospital Juan de la Cosa


A comunicación cos buques asistenciais é posible a través dos seguintes medios:

Frecuencias de Radio: 2.182 Quilohertz (kHz). Very High Frecuency (VHF): canle permanente o 16

Esperanza del Mar:

Distintivo: EBUQ.

MMSI: 224731000

Zonas Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS): A1-A2-A3-A4

  • Chamada selectiva dixital (DSC):
    Frecuencias VHF, Medium Frecuency (MF)/High Frecuency (HF) do GMDSS.
    Radiotelex NBDP nº 08731
    Chamada selectiva DSC 2177/VHF 16.
  • INMARSAT TLX, EGC.
    Std-C (581) 4 224 731 20
  • Radiotelefonía.
    Frecuencias de chamadas entre buques: 2272 kHz.
    MF 2182, VHF ch. 16.
  • INMARSAT Voz.
    Std-B,1  00 871 3 224 731 10
    Fleet 77,2  00 870 7 639 794 18
    Fleet 77,3  00 870 7 639 794 15
    Mini-M, 1  00 870 7 628 629 79
    Mini-M, 2  00 870 7 618 308 44
    Mini-M, 3  00 870 7 628 629 45
  • INMARSAT Fax.
    Fleet 77,3  00 870 6 003 821 56
    Mini-M, 2  00 870 7 618 308 45

Juan de la Cosa:

Distintivo: ECJE.

MMSI: 224612000

Zonas GMDSS: A1-A2-A3-A4

  • Chamada selectiva dixital (DSC):
    Frecuencias VHF, MF/HF de GMDSS.
    Radiotelex NBDP nº 08612
  • INMARSAT TLX, EGC.
    INMARSAT C: (581) 4 224 612 20
    INMARSAT C: (581) 4 224 612 10
  • Radiotelefonía.
    Frecuencias de chamadas entre buques: 6224 kHz.
    Frecuencias Espaderos: 12.356 kHz.
  • INMARSAT Voz.
    Fleet 1  00 870 764 618 166
    Fleet 2  00 870 764 618 168
    Mini-M” Nº1 00 870 764 618 162
    Mini-M” Nº2 00 870 764 618 158
  • INMARSAT Fax.
    Fleet 1:  00 870 764 618 167 (Prioritario)
    Fleet 2:  00 870 764 618 169 (Prioritario)
    En caso de avaría dos fax citados poden ser substituídos por:
    Mini-M” Nº1 00 870 764 618 163
    Mini-M” Nº2 00 870 764 618 159
Complementary Content
${loading}