Duración
A duración do subsidio será equivalente á dos períodos de descanso ou permisos que se gocen, de acordo co previsto no art.º 48.4, 5 e 6 do Estatuto dos traballadores (ET) e en art. 49 a) e b) e c) do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)
Períodos de descanso en relación ao Estatuto dos Traballadores (ET)
Dende o 01/01/2021 a duración da prestación para ámbolos proxenitores, adoptantes, gardadores ou acolledores será de 16 semanas e teranse en conta as seguintes regras:
No caso de nacemento
-
Nai biolóxica:
- 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois do parto.
-
10 semanas que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
- O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
Outro proxenitor (distinto da nai biolóxica):
- 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois do parto.
-
10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
- O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
Ampliacións da duración da prestación comúns aos dous proxenitores:
- 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de nacemento múltiple.
- 1 semana para cada proxenitor en caso de discapacidade do fillo/a
- 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento.
-
10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
-
De xeito continuado ao período obrigatorio.
-
De maneira interrompida, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, dentro dos 12 meses seguintes á resolución xudicial ou decisión administrativa.
-
O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
- 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción múltiple.
- 1 semana para cada proxenitor en caso de discapacidade do fillo/a.
Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas coa seguinte distribución:
Mantense a posibilidade de que a nai biolóxica poida anticipar o inicio da prestación ata en 4 semanas á data probable de parto.
Nos casos de falecemento do fillo/a, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorporen ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.
Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:
Nos casos de falecemento do fillo ou da filla, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorpore ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.
Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, por un período superior a sete días, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais. Esta ampliación poderase gozar por cada un dos proxenitores, a partir da alta hospitalaria. Exclúense do devandito cómputo as semanas de descanso obrigatorio.
En caso de adopción, de garda con fins de adopción e de acollemento:
Cada adoptante, gardador ou acolledor disporá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:
Nos supostos de adopción internacional , cando sexa necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país do adoptado, o período de suspensión poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.
Ampliacións da duración da prestación
No suposto de familia monoparental, en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple ou de fillo ou menor con discapacidade, mantense o dereito do período adicional de dúas semanas a favor do único proxenitor existente.
Períodos de descanso en relación ao Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)
Modifícase o artigo 7 do EBEP. Dende a entrada en vigor deste real Decreto-lei, en materia de permisos de nacemento, adopción, do proxenitor diferente da nai biolóxica e lactación, o persoal laboral ao servizo das Administracións Públicas rexerase polo previsto no EBEP.
Modifícanse os apartados a), b), c) e d) do artigo 49, substituíndo os actuais permisos de maternidade e paternidade, por: permiso por nacemento para a nai biolóxica; permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento; e permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento.
-
Permiso por nacemento para nai biolóxica.
O permiso terá unha duración de 16 semanas coa seguinte distribución:
- 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois do parto.
-
As 10 semanas restantes, a xornada completa ou parcial.
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
-
De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
Ampliacións da duración da prestación para a nai biolóxica:
- 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de nacemento múltiple.
- 1 semana por cada fillo/a discapacitado/a.
- Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.
No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou da parte que lle reste a ese permiso.
No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.
Desaparece a cesión da maternidade por parte da nai ao outro proxenitor, así como a posibilidade de inicio da prestación antes da data probable do parto.
-
Permiso por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento para un proxenitor:
Terá unha duración de 16 semanas para un proxenitor.
A distribución destas 16 semanas é a seguinte:
- 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou á decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento.
- As 10 semanas restantes, a xornada completa ou parcial, a gozar:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, só no caso de que ámbolos dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata os doce meses a contar dende a data de resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou ben á decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.
Ampliacións da duración da prestación:
- 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción, garda ou acollemento múltiple.
- 1 semana para cada proxenitor por cada fillo/a discapacitado/a
O adoptante terá dereito:
- A un permiso de ata dous meses de duración a cargo da empresa con retribucións básicas.
- A iniciar o permiso de adopción, garda ou acollemento, ata 4 semanas antes da resolución xudicial ou decisión administrativa.
-
Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción de un fillo ou filla
En caso de nacemento:
Terá unha duración de 16 semanas, coa seguinte distribución:
- 6 semanas serán inmediatas posteriores á data do nacemento que serán de descanso obrigatorio, ininterrompidas e a xornada completa.
- 10 semanas restantes a xornada completa ou parcial, que poderán gozar:
- De xeito continuado ao período obrigatorio
- De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias da nai ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade. Para cada período de gozo interrompido será necesario un preaviso de polo menos 15 días.
Se optan por gozar da parte non obrigatoria deste permiso con posterioridade á semana 16 do permiso por nacemento e o proxenitor que goza do permiso por nacemento solicitase a acumulación do tempo de lactación en xornadas completas, o gozo da parte non obrigatoria poderase iniciar cando finalice este último período.
Ampliacións da duración da prestación:
- 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de parto múltiple.
- 1 semana en caso de discapacidade do menor nacido, por cada menor discapacitado.
- No suposto de familia monoparental, en caso de parto múltiple ou de fillo ou menor con discapacidade, mantense o dereito do período adicional de dúas semanas a favor do único proxenitor existente.
Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.
No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, agás que, unha vez finalizadas as seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.
Nos casos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.
Terá unha duración de 16 semanas,coa seguinte distribución:
- 6 semanas serán inmediatas posteriores ao feito causante que serán de descanso obrigatorio, ininterrompidas e a xornada completa.
-
10 semanas restantes voluntarias a xornada completa ou parcial, que poderán gozar:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, só no caso de que ambos os dous proxenitores traballen en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ou cando finalicen os permisos por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, ata os 12 meses da data de resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou ben á decisión administrativa de garda con fins de adopción ou de acollemento.
Ampliacións da duración da prestación:
- 1 semana, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción, garda ou acollemento múltiple.
- 1 semana en caso de discapacidade do menor adoptado, acollido, por cada fillo/a discapacitado/a.
- No suposto de familia monoparental, en caso de adopción ou acollemento múltiples ou de fillo ou menor con discapacidade, mantense o dereito do período adicional de dúas semanas a favor do único proxenitor existente.