Situación protexida
Considerarase situación protexida a redución da xornada de traballo en media hora que, de acordo co previsto no parágrafo cuarto do artigo 37.4 do texto refundido da Lei do ET, leven a cabo coa mesma duración e réxime os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, cando ambos os dous traballen, para o coidado do lactante dende que cumpra nove meses ata os doce meses de idade.
Esta redución de xornada –en media hora ou acumulada– considérase como un dereito individual das persoas traballadoras sen que poida transferirse o seu exercicio ao outro proxenitor, adoptante, gardador ou acolledor.
A acreditación do exercicio responsable do coidado do lactante realizarase mediante certificación da redución da xornada polas empresas en que traballen os seus proxenitores, adoptantes, gardadores ou acolledores.
Regulamentariamente, determinaranse os requisitos que deberá cumprir esta documentación.