O recoñecemento do dereito ao subsidio corresponde á Entidade xestora ou á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social coa que teña concertada a empresa a cobertura das continxencias profesionais.
Iniciación do procedemento:
Se a Entidade xestora ou colaboradora considera que non se produce a situación de risco durante a lactación, denegará a expedición da certificación médica solicitada, comunicando á traballadora que non cabe iniciar o procedemento dirixido á obtención da correspondente prestación.
Solicitude da prestación:
- A solicitude formularase nos modelos normalizados e deberá conter os datos e circunstancias que establece o |art. 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, acompañada dos documentos necesarios.
Resolución e notificación:
Cando non se recoñeza inicialmente o dereito á prestación económica, por non concorrer a situación protexida, indicarase á interesada, se procede, a data a partir da cal poderá recoñecerse a prestación, tendo en conta a certificación médica sobre a existencia de risco e a evolución no estado de xestación, en relación co risco específico derivado do posto de traballo. En consecuencia, nestes casos, non será necesaria unha nova solicitude senón, tan só, a achega da documentación esixida.
Cando se produzan contradicións nas declaracións e certificacións presentadas coa solicitude, ou concorran indicios de posible connivencia para obter a prestación, poderase solicitar informe á Inspección de Traballo e Seguridade Social, a fin de que esta manifieste a súa conformidade ou discrepancia en relación coas medidas adoptadas pola empresa, que poidan determinar o dereito ao subsidio. A petición do informe deberá ir acompañada da documentación presentada.
-
O informe deberá emitirse no prazo máximo de 15 días, transcorrido o cal, poderase ditar resolución, sen ter en conta o mesmo, a efectos do recoñecemento ou denegación da prestación económica. Excepcionalmente, nestes casos, o prazo de 30 días quedará suspendido ata a recepción do informe na Entidade xestora.
Prescrición:
O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte a aquel en que se produce o feito causante, sen prexuízo de que os efectos deste recoñecemento se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data na que se presente a correspondente solicitude.