Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Réxime Xeral

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

O dereito nace a partir do mesmo día en que se inicie a redución de xornada, sempre que a solicitude se formule no prazo de 3 meses dende a data na que se produciu esta redución. Transcorrido este prazo, os efectos económicos do subsidio terán unha retroactividade máxima de 3 meses.

O subsidio recoñecerase por un período inicial de 1 mes, prorrogable por períodos de 2 meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, que se acreditará mediante declaración do facultativo do SPS ou órgano administrativo sanitario da Comunidade Autónoma correspondente (ou do INGESA nas cidades de Ceuta e Melilla) e, como máximo, ata que o menor faga os 23 anos, mentres persista o padecemento do cancro ou a enfermidade grave, diagnosticada antes de alcanzar a maioría de idade.

Cando a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor, segundo se acredite na declaración médica emitida para o efecto, sexa inferior a 2 meses, o subsidio recoñecerase polo período concreto que conste no informe.

A xestión da prestación levarase a cabo por:

  • A correspondente entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social, coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais.
  • Se non ten a cobertura dos riscos profesionais, será competente a entidade xestora ou a mutua que asuma a cobertura da IT por continxencias comúns.

O pagamento do subsidio realizarase pola entidade xestora ou pola mutua competente na data de inicio dos efectos económicos da prestación, por períodos mensuais vencidos.

A responsabilidade do pagamento manterase ata a data de vencemento do documento de asociación e de cobertura formalizado no seu día. Se na data do vencemento se producise un cambio da entidade que cubra as continxencias profesionais ou comúns, se é o caso, será a nova entidade a que asuma o pagamento durante o período de 12 meses e os sucesivos, se é o caso, en tanto manteña esta cobertura.

No caso de traballadores contratados a tempo parcial, a devindicación do subsidio será por días naturais, aínda que o pagamento se realice mensualmente.

[O empresario virá obrigado a ingresar unicamente as achegas ao seu cargo, correspondentes á cotización á Seguridade Social e polos demais conceptos de recadación conxunta que, se é o caso, procedan].

Esta prestación está exenta de tributación por IRPF.

Solicitude da prestación:

O procedemento para o recoñecemento do subsidio iniciarase mediante solicitude da persoa traballadora, dirixida á dirección provincial competente da correspondente entidade xestora da provincia en que aquela teña o seu domicilio, ou ante a mutua colaboradora coa Seguridade Social que lle corresponda.

As solicitudes formularanse nos modelos aprobados para tal efecto pola correspondente entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social e deberán conter os datos que establece o artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Xunto coa solicitude deberá acreditarse ou, se é o caso, achegarse os documentos que se indican nesta. 

Resolución e notificación:

Á vista dos datos e da documentación presentada e unha vez comprobados todos os requisitos formais, feitos e condicións esixidos para acceder ao subsidio, a correspondente entidade xestora ou a mutua ditará resolución expresa e notificará no prazo de 30 días, contados dende a recepción da solicitude, o recoñecemento ou denegación do dereito á prestación económica.

Transcorrido o prazo de 30 días a que se refire o parágrafo anterior, sen que se ditase e se notificase resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada, de conformidade co apartado 129.3 do texto refundido da LGSS.

As resolucións, expresas ou presuntas, ditadas pola entidade xestora ou a mutua serán recorribles na forma prevista no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. 

(Deberán presentarse en orixinal acompañados de copia para a súa compulsa ou fotocopia xa compulsada, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal)

EN TODOS OS CASOS:

  • Acreditación de identidade dos interesados (tamén do causante se ten 14 anos) mediante a seguinte documentación en vigor:
    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
    • Estranxeiros: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
  • Certificado da empresa no que consten a contía da base de cotización da persoa traballadora por continxencias profesionais ou, se é o caso, por continxencias comúns, correspondente ao mes previo á data de inicio da redución de xornada e, se é o caso, as cantidades de percepción non periódica aboadas durante o ano anterior a esta data.
  • Certificado da empresa sobre a data de inicio da redución de xornada da persoa traballadora prevista na alínea 3ª do artigo 37.6 da Lei do Estatuto dos Traballadores, con indicación da porcentaxe en que quedou fixada esta redución de xornada. 
  • Documentación relativa á cotización:
    • Para os Artistas e Profesionais Taurinos: Declaración de actividades e xustificantes de actuacións que non fosen presentados na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
    • Traballadores responsables do ingreso das cotas: Xustificantes do pagamento dos 2 últimos meses.
  • Para os empregados de fogar, de carácter fixo, aportarase declaración do responsable do fogar familiar sobre a redución de xornada efectiva da persoa traballadora.
  • Declaración do facultativo do Servizo Público de Saúde no que conste que o causante se atopa afectado por cancro ou outra enfermidade grave que require ingreso hospitalario de longa duración e indique a data estimada de duración do ingreso e se precisa un tratamento continuado da enfermidade, fóra do centro hospitalario, que indique a duración estimada deste.
  • Libro de familia ou, no seu defecto, certificado da inscrición do fillo no Rexistro Civil ou resolución xudicial da adopción.
  • Resolución xudicial ou administrativa pola que se concedese o acollemento de carácter permanente ou a garda con fins de adopción ou, se é o caso, a tutela do menor.

SÓ NO CASO DE TRABALLADORES RESPONSABLES DO INGRESO DE COTAS (traballadores por conta propia ou autónomos e asimilados e persoas empregadas de fogar de carácter descontinuo):

  • Deberán presentar unha declaración que indique expresamente a porcentaxe de redución da súa actividade profesional, en relación cunha xornada semanal de 40 horas.

OUTROS DOCUMENTOS:

  • No caso de familias monoparentais: Libro de familia no que conste unha soa proxenitora ou, no caso de que consten os dous, certificado de defunción dun deles ou resolución xudicial na que se declare o abandono da familia dun deles.
  • Se a outra proxenitora, gardadora ou acolledora non pertence ao sistema da Seguridade Social debe achegar, se é o caso:

    • Certificado expedido pola unidade de persoal do seu centro de traballo, que indique que este realiza unha actividade laboral encadrada no Réxime de Clases Pasivas do Estado ou
    • Certificado do Colexio Profesional ao que pertenza, se se trata dunha actividade profesional.
  • SÓ PARA TRABALLADORES POR CONTA PROPIA OU AUTÓNOMOS: declaración da situación da actividade referida á parte de xornada profesional que reduce o traballador autónomo.
  • SÓ NO CASO DE QUE O OUTRO PROXENITOR SEXA GARDADOR OU ACOLLEDOR SEXA FUNCIONARIO, incluído no ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP): certificado expedido pola unidade de persoal do seu centro de traballo, que indique se lle é de aplicación o EBEP, se goza do permiso establecido no artigo 49.e) da devandita lei, así como a situación administrativa na que se encontra.
Complementary Content
${loading}