Beneficiarios
-
Todos os traballadores por "conta allea", tanto do sector privado coma da Administración Pública, que gocen dos períodos de excedencia para atender o coidado de cada fillo, xa sexan naturais ou adoptados, ou de menores acollidos, nos supostos de acollemento familiar en delegación de garda para a convivencia preadoptiva, aínda que estes sexan provisionais, así como para o coidado dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe unha actividade retribuída.
Para estes efectos, o |art. 46.3 do RD Lexislativo 2/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, establece que:
"Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a 3 anos para atender o coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de garda con fins de adopción ou acollemento permanente, a contar dende a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa".
"Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a dous anos, agás que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atender o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída."
"A excedencia considerada no presente apartado, cuxo período de duración poderá gozarse de forma fraccionada, constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa." ...
-
Exclúense os traballadores por conta propia dos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores Autónomos.