Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Contía / Aboamento

Contía

Nos supostos nos que exista unha  soa persoa  beneficiaria da prestación.

  1. A contía desta prestación será o 70 por cento da súa base reguladora, sempre que se cumpra o seguinte requisito: que os rendementos da unidade familiar de convivencia, incluídas as persoas orfas, dividido polo número de membros que a compoñen, non superen en cómputo anual o 75 por cento do Salario Mínimo Interprofesional vixente en cada momento, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. 

  2. Se non se cumpre o requisito anterior, a contía da prestación será o 20 por cento da base reguladora.

Nos supostos nos que houbera máis  dunha persoa beneficiaria da prestación.

Aplicaranse as letras a) e b) do apartado anterior e terase en conta, ademais, que con independencia da porcentaxe que corresponda aplicar, a suma das porcentaxes dos beneficiarios non pode exceder o 118 por cento da base reguladora.

Cando a suma das porcentaxes ascenda ao 118 por cento, aplicarase como garantía o 118 por cento da base mínima de cotización de entre todas as existentes vixente no momento do feito causante.

Cando a suma das porcentaxes sexa inferior ao límite do 118 por cento e, por superarse o límite de ingresos, a suma das porcentaxes sexa inferior ao límite do 118 por cento, aplicarase como garantía o importe da pensión mínima de viuvez con cargas familiares.

 


Aboamento

A prestación de orfandade aboarase, en 14 pagas, a quen teña ao seu cargo os beneficiarios segundo determinación regulamentaria.


Complementary Content
${loading}