Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Incompatibilidades / Extinción

Incompatibilidades / Compatibilidades

O gozo da pensión é incompatible coa realización de traballos por conta allea ou propia, ou coa realización de actividades para calquera das Administracións Públicas, que dean lugar á súa inclusión no Réxime Xeral ou nalgún dos Réximes Especiais, coas salvidades seguintes:

  • As persoas que "accedan" á xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante esta situación, denominada xubilación parcial, minorarase a percepción da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
  • Os pensionistas de xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión "causada" cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante esta situación, denominada xubilación flexible, minorarase a pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.

Os pensionistas que, o 28-11-02, tivesen suspendida a pensión por incompatibilidade cos traballos realizados poderán acollerse á xubilación flexible. Os efectos da rehabilitación da percepción da pensión, no importe que corresponda, en función da xornada realizada, terán unha retroactividade máxima de 3 meses dende a data da solicitude, sen que, en ningún caso, poidan ser anteriores a 28-11-02.

  • A realización doutros traballos, que non sexan a tempo parcial e nos termos establecidos, produce os seguintes efectos:
    • A pensión de xubilación suspéndese, así como a asistencia sanitaria inherente á condición de pensionista.

    • O empresario está obrigado a solicitar a alta e ingresar as cotizacións que, no seu caso, correspondan.

    • As novas cotizacións aplicaranse:

      • En primeiro lugar, a incrementar, no seu caso, a porcentaxe ordinaria da base reguladora (ata o 100% con 35 anos cotizados) e a minorar o coeficiente redutor da pensión.

      • Unha vez que se alcance a porcentaxe do 100% e se suprima o coeficiente redutor, o exceso de períodos, computados por anos completos, servirá para acreditar a porcentaxe adicional do 2%, por cada ano completo cotizado.

      • En ningún caso as novas cotizacións poden modificar a base reguladora.

Complementary Content
${loading}