Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Contía

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A prestación consiste nun subsidio cuxa contía está en función da base reguladora (BR) e das porcentaxes aplicables a esta.

Porcentaxe

En caso de enfermidade común e accidente non laboral:
  • 60% dende o día 4 ata o 20 inclusive.
  • 75% dende o día 21 en adiante.
    En caso de accidente de traballo e enfermidade profesional:
    • 75% dende o día no que se produza o nacemento do dereito.

Incapacidade temporal/desemprego

Cando o traballador estea en situación de incapacidade temporal (IT)derivada de continxencias comúns e durante esta se extinga o seu contrato:

  • Seguirá a percibir a prestación por IT en contía igual á prestación de desemprego que lle corresponda ata que se extinga esta situación, pasando entón á situación legal de desemprego se o contrato se extinguiu por algunha das causas legais que dan lugar a esta situación e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a prestación por desemprego contributivo que lle corresponda, de terse iniciada a percepción desta na data de extinción do contrato de traballo, ou o subsidio por desemprego. En tal caso, descontarase do período de percepción da prestación de desemprego como xa consumido, o tempo que permaneza na situación de IT a partir da data de extinción do contrato de traballo.
  • O SPEE efectuará as cotizacións á Seguridade Social asumindo a cotización que corresponda ao traballador na súa totalidade por todo o período que se desconte como consumido, mesmo cando non se solicitara a prestación por desemprego e sen solución de continuidade se pase ás situacións de incapacidade permanente ou xubilación, ou se produza o falecemento do traballador que dea dereito a prestacións de morte e supervivencia. 

Cando o traballador estea en situación de IT derivada de continxencias profesionais e durante esta se extinga o seu contrato de traballo:

  • Seguirá a percibir a prestación por IT, en contía igual á que tivera recoñecida, ata que se extinga esta situación, e logo pasará á situación legal de desemprego e a percibir a correspondente prestación por desemprego se reúne os requisitos necesarios. Neste caso, non procede descontar do período de percepción desta o tempo que permanecese en situación de IT tras a extinción do contrato ou o subsidio por desemprego.

Desemprego/incapacidade temporal

Cando o traballador estea a percibir a prestación por desemprego total e pase á situación de incapacidade temporal (IT), hai que distinguir:

  • Nos casos nos que a IT constitúa recaída dun proceso anterior iniciado durante a vixencia dun contrato de traballo:

    • Percibirá a prestación por IT en contía igual á prestación por desemprego.
    • Neste caso e no suposto de que continuase en situación de IT unha vez esgotado o período de desemprego, seguirá a percibir a prestación por IT na contía de desemprego que viña a percibir.
  • Nos casos nos que a IT non constitúa recaída dun proceso anterior iniciado durante a vixencia dun contrato de traballo, senón un novo proceso:

    • Percibirá a prestación por esta continxencia en contía igual á prestación por desemprego.
    • Neste caso e no suposto de que continuase en situación de IT unha vez finalizado o período de desemprego, seguirá a percibir a prestación por IT en contía igual ao 80% do IPREM mensual, excluída a parte proporcional de pagas extras.

  • Non se ampliará o período de percepción de desemprego.

  • A Entidade xestora das prestacións por desemprego continuará a satisfacer as cotizacións á Seguridade Social (a achega da empresa e o complemento do 35% en que se reduce a achega do traballador). 
Complementary Content
${loading}