Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Sistema Especial para Empregados de Fogar

Información xeral

Neste Sistema Especial para Empregados de Fogar quedan comprendidos os traballadores suxeitos á relación laboral especial do servizo do fogar familiar, regulada polo Real Decreto 1620/2011, do 14 de novembro.

Quedan excluídos deste sistema especial os traballadores que presten servizos domésticos non contratados directamente polos titulares do fogar familiar, senón a través de empresas, de acordo co previsto na disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

Para máis información sobre os trámites a realizar, se quere dar de alta unha persoa empregada de fogar, consulte o apartado "Emprego fogar " dispoñible no Portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos. Descargar documento Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos.. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos.. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,480 KB) 28/06/2017

Ingreso de cotas

Responsable

O responsable do ingreso das cotas é o empregador, conforme a normativa establecida no Réxime Xeral da Seguridade Social. O procedemento de ingreso de cotas realizarase mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta.

A partir do 01-04-2013 poderá acordarse co empregado que este asuma as obrigas en materia de encadramento, cotización e recadación, sempre que o número de horas de traballo mensuais sexa inferior a 60, conforme o artigo 43.2 do Real Decreto 84/1996, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral sobre Inscrición de Empresas e Afiliación, Altas, Baixas e Variacións de datos de Traballadores na Seguridade Social (BOE 27-2-96).

A partir do 1 de xaneiro de 2023, unicamente poderá ser suxeito responsable do ingreso das cotas o empregador.

Prazo

O ingreso das cotas de cada mes realizarase durante o mes seguinte. 

Recargas e xuros de demora

Transcorrido o prazo regulamentario establecido para o pagamento das cotas á Seguridade Social, sen que estas se ingresasen e sen prexuízo das especialidades previstas para os aprazamentos, devindicaranse as seguintes recargas:

  • Recargas:

    Recarga do 20% da débeda, se se aboasen as cotas debidas tras o vencemento do prazo regulamentario.
  • Xuros de demora:

    Os xuros de demora devindicaranse a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario de ingreso das cotas, aínda que serán esixibles unha vez transcorridos quince días dende a notificación da providencia de constrinximento ou comunicación do inicio do procedemento de dedución, sen que se aboase a débeda.

    Así mesmo, serán esixibles estes xuros cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.

    Os xuros de demora esixibles serán os que reportase o principal da débeda desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que reportase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento, desde a data en que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.

    O tipo de xuro de demora será o xuro legal do diñeiro vixente en cada momento do período de devindicación, incrementado nun 25 por cento, agás que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado estableza un diferente. Para o ano 2018, o 3,75 por cento.
Complementary Content
${loading}