Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Réximes Especiais Integrados no Réxime Xeral

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Profesionais taurinos

Os organizadores de espectáculos taurinos deberán dispoñer, para os efectos da cotización para os profesionais taurinos, dun único código de conta de cotización válido para todo o territorio nacional.

Dende o 1 de xaneiro de 2019 (R.D.L. 28/2018, do 28 de decembro, BOE 29/12), a base máxima de cotización por continxencias comúns para todas as categorías dos profesionais taurinos a que se refire o artigo 33.3 do Regulamento xeral sobre cotización e liquidación doutros dereitos da Seguridade Social será de 4.070,10 euros/mensuais.

O tope máximo das bases de cotización para os profesionais taurinos terá carácter anual e determinarase pola elevación a cómputo anual da base máxima mensual sinalada.

As empresas comunicarán á Tesourería Xeral da Seguridade Social os salarios efectivamente aboados a cada profesional taurino no mes natural ao que se refire a cotización.

Esa cotización efectúase por unha base fixa por cada día que o profesional taurino exercese a súa actividade, de acordo coas cantidades que se determinen para cada exercicio económico e conforme ao grupo de cotización no que este se atope incluído.

Se o salario realmente percibido polo profesional taurino en cómputo diario é inferior ao importe indicado, cotizarase por ese salario.

A base de cotización por continxencias comúns non pode ser inferior ao importe diario da base mínima de cotización correspondente ao grupo en que se encontre encadrado o devandito profesional, nin inferior ao tope mínimo xeral para continxencias profesionais.

A cotización por continxencias profesionais faise aplicando os tipos correspondentes á actividade CNAE 2009.u, Cadro I da tarifa de primas vixente (Disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2007, en redacción dada pola disposición final quinta do R.D.L. 28/2018, do 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego.

As cotizacións así efectuadas teñen a consideración de provisionais.

Os documentos de cotización son o TC-1/19 e TC-2/19.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social ao finalizar cada exercicio, efectúa a liquidación definitiva a empresarios e traballadores, tendo en conta as retribucións e as bases declaradas para cada profesional taurino.

O ingreso das cotas que resulten a cargo do profesional taurino como consecuencia da regularización anual, efectuarase utilizando o modelo TC-1/30.

Durante a situación de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e/ou maternidade, o suxeito responsable da cotización é o traballador, aplicándoselle por continxencias profesionais os tipos correspondentes á respectiva actividade económica da tarifa de primas vixente (Disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2007, segundo redacción dada pola disposición final quinta do R.D.L. 28/2018, do 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego.

Os organizadores ocasionais de espectáculos taurinos deberán ingresar as cotas con anterioridade á súa celebración.

Para determinar a cotización no Convenio Especial subscrito con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998 no extinguido Réxime Especial da Seguridade Social dos Toureiros aplicaranse os seguintes coeficientes:

  •  O 0,94 se inclúe a protección da asistencia sanitaria.
  •  O 0,77 se non inclúe a protección de asistencia sanitaria.
Complementary Content
${loading}