Quen pode subscribilo?
Os traballadores por conta allea ou asimilados que conforme os apartados 5 e 4.bis do artigo 37 de Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, ou a lexislación específica que regule a súa prestación de servizos e en razón do coidado directo dun menor de doce anos, dunha persoa con discapacidade, psíquico ou sensorial, ou dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, ou nos casos de nacemento de fillos prematuros ou que por calquera causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, reduzan a súa xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario.