Convenio Especial para a cotización adicional dos traballadores de Axencias de Aduanas afectados pola incorporación de España ao Mercado Único Europeo
Pode enlazar a sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Forma e prazo de solicitude
A solicitude de alta pódese presentar no prazo dun ano, desde que se reúnan os requisitos esixidos para subscribir este convenio especial, a través dos medios indicados no apartado “Alta, baixa e variacións de datos do convenio especial” da sección “Trámites e Xestións de Convenios especiais”.
Extinción
Este convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas:
- Por adquirir a condición de pensionista por xubilación ou incapacidade permanente.
- Por falta de aboamento das cotas correspondentes a 3 mensualidades consecutivas ou a 5 alternativas, salvo forza maior.
- Por falecemento do subscritor.
- Por decisión do subscritor. A solicitude de baixa do convenio especial pódese realizar a través das canles indicadas no apartado "Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial" da sección "Trámites e Xestións de convenios especiais".
Quen o pode subscribir?
Para subscribir este convenio especial é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Atoparse en alta ao servizo dunha axencia de alfándegas a data 1 de xaneiro de 1992 e ter unha baixa na mesma empresa no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 1993.
- Encontrarse de alta ou situación asimilada nalgún Réxime da Seguridade Social na data de presentación do convenio e cotizar, se é o caso, por unha base inferior á que correspondese nesa mesma data, debidamente actualizada, de ter mantido o posto de traballo nas devanditas empresas.
- Non ter adquirido a condición de pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente, con data anterior ao 1 de xaneiro de 2008.
Non é necesario acreditar período de cotización previo á Seguridade Social.
Inicio