Convenio especial para a cotización adicional de expedientes de regulación de emprego 76/2000 e 25/2001
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Quen o pode subscribir?
Os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, a que se refiere o R.D. 1010/2009 do 19.06.09.
Deben ter 50 ou máis anos de idade e menos de 65 anos á data de alta do convenio especial e estar en situación de alta por conta allea nalgún réxime da Seguridade Social.
Forma e prazo de solicitude
A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040) ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma. A resolución centralízase na Dirección Provincial de Madrid.
Xunto coa solicitude de convenio especial achegarase, polo solicitante ou o seu representante, solicitude da axuda para a Servizo Público de Emprego Estatal. A resolución do convenio especial estará vinculada á resolución positiva da concesión da axuda establecida no Real Decreto 1010/2009 do 19 de xuño.
Requisitos
- Deben ser traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001.
- Ter 50 ou máis anos de idade e menos de 65 anos á data de alta do convenio especial.
- Estar en situación de alta por conta allea nalgún réxime da Seguridade Social.
Efectos
O convenio en ningún caso poderá ter efectos en data anterior ao 1 de marzo de 2008.
Se a solicitude se formula antes do 5 de outubro de 2009 (dentro dos 90 días seguintes á entrada en vigor da norma) e o traballador cumprira os 50 anos con anterioridade ao 5 de xullo de 2009, os efectos serán os do día en que cumpra os 50 anos, co límite do 1 de marzo de 2008 indicado.
Se a idade de 50 anos se cumpre con posterioridade ao 5 de xullo de 2009, os efectos serán os do cumprimento desta idade sempre que se solicite dentro dos 90 días seguintes a este cumprimento.
No suposto de non solicitarse no prazo de 90 días, os efectos serán os da data de presentación.
Extinción
O convenio extinguirase de concorrer algunha das seguintes circunstancias:
- Por adquirir o/a solicitante a condición de pensionista por xubilación ou de incapacidade permanente conforme á normativa de Seguridade Social que resulte aplicable en cada caso.
- Por causar o/a interesado/a baixa no réxime por conta allea da Seguridade Social no que estivesen incluídos.
- Por falecemento do interesado/a.
- Por decisión do interesado/a, comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social, en cuxo caso a extinción do convenio terá lugar a partir do día primeiro do mes seguinte á data da comunicación.
- Pola perda do dereito ao cobro total ou parcial da axuda no suposto de falta de xustificación de concorrencia dalgunhas das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.