Competencia:
A Dirección provincial da Entidade xestora, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou o Instituto Social da Mariña (ISM), que tivese encomendada a xestión do pagamento da prestación.
Ámbito de aplicación:
-
Cando se produzan cobros indebidos derivados de sinalamentos iniciais das pensións, respecto de titulares que viñesen percibindo outra pensión concorrente, asignación de complementos por mínimos, revalorización de pensións, concorrencias e límite máximo.
Exclusións:
-
A compensación entre prestacións por incapacidade temporal e incapacidade permanente, percibidas en períodos coincidentes, e entre as de incapacidade permanente nos supostos de revisión de grao.
-
As prestacións indebidamente percibidas por desemprego.
Procedemento:
Cando, como consecuencia da revisión do dereito previamente recoñecido, resulten prestacións indebidamente percibidas e o debedor das mesmas sexa, simultaneamente, acredor dalgunha das prestacións económicas xestionadas pola Entidade xestora que realice a revisión, esta efectuará os correspondentes descontos sobre estas prestacións para resarcirse da débeda contraída polo beneficiario, agás no suposto en que o propio debedor opte por aboar a débeda nun só pagamento.
-
Iniciación:
Iníciase por acordo da Entidade xestora tan pronto como teña coñecemento da existencia da débeda, o cal será notificado ao interesado a fin de que quede debidamente informado e, se o desexa, compareza e manifeste o que lle conveña.
-
Instrución:
Tramitarase nun só expediente. Antes de elaborar a proposta de resolución, darase audiencia ao interesado, concedéndolle un prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, para que presente as alegacións ou documentos pertinentes.
Se procede, notificarase ao mesmo tempo proposta de reintegro da débeda na que se fixarán as cantidades a descontar nas sucesivas mensualidades das prestacións que lle corresponde percibir, a fin de que o interesado manifeste a súa conformidade ou, no seu caso, formule propostas alternativas, sempre que destas resulten contías superiores ás que se derivan das regras para a aplicación dos descontos.
Se ao elaborar a proposta de reintegro, a Entidade xestora deduce que pode ser necesaria a ampliación do prazo de 5 anos para cancelar a débeda para poder garantir ao pensionista o importe da pensión non contributiva, solicitarase documentación acreditativa dos rendementos de traballo e de capital, co obxecto de comprobar se reúne os requisitos para a ampliación do prazo de reintegro da débeda.
-
Terminación:
Recibidas as alegacións ou documentos ou transcorrido o prazo sen que o interesado se manifeste, ditarase resolución motivada, nun prazo máximo de 3 meses, contados a partir da data do acordo que iniciase o procedemento, con mención expresa dos seguintes extremos:
-
Causas, período e contía da débeda.
-
Fixación da nova contía a percibir e data de efectos económicos.
-
Procedencia e procedemento para facer efectivo o reintegro, importe e prazos do desconto.
-
Prazo e órgano ante o que se pode interpoñer reclamación previa.
-
Ao notificar a resolución, informarase ao debedor da posibilidade de aboar voluntariamente o importe íntegro da débeda nun só prazo, dentro dos 30 días seguintes ao da notificación. Acreditado o pagamento, entregarase ao interesado un xustificante do mesmo.
-
Transcorrido o prazo sinalado sen que se efectuase o pagamento, aplicaranse os descontos fixados na resolución da Entidade xestora. Non obstante, o debedor poderá, en todo tempo, aboar voluntariamente nun só pagamento a parte de débeda pendente de amortizar.
-
Cando non sexa posible aplicar o procedemento por desconto ou cando téndose aplicado o mesmo, por falecemento do debedor, extinción da prestación sobre a que se aplicara ou por calquera outra causa, non fose posible seguir efectuando os descontos para cancelar a débeda no prazo correspondente, a Entidade xestora
notificará á TGSS a resolución definitiva sobre a procedencia do reintegro e informará sobre a contía pendente de pagamento,
para que esta inicie o procedemento de xestión recadatoria.
Regras para a aplicación dos descontos:
1.- Se para o pagamento da débeda se resolvese a aplicación de descontos sobre as sucesivas mensualidades das prestacións que corresponda percibir ao debedor, teranse en conta as seguintes porcentaxes:
-
Entre o 21 e o 30 por cento do importe total da prestación ou prestacións que se estean a percibir debidamente, cando a contía desta prestación ou prestacións sexa igual ou superior á metade da
pensión máxima establecida nese momento.
-
Entre o 15 e o 20 por cento, cando o importe das prestacións que se estean a percibir debidamente non alcance a metade da pensión máxima e sexa igual ou superior á pensión mínima de
xubilación para maiores de 65 anos con cónxuxe a cargo.
-
Estas porcentaxes poderán ser incrementadas cando no expediente conste manifestación do interesado en tal sentido e cando, unha vez iniciados os descontos, voluntariamente o debedor o solicite a fin de cancelar anticipadamente a débeda.
A estes efectos, o importe da prestación ou prestacións que percibe o debedor enténdese referido á contía bruta.
2.- Se o debedor percibise varias prestacións da Seguridade Social:
-
Se a contía da prestación en que se orixinou a débeda fose inferior ao importe do desconto, este aplicarase en todas as prestacións percibidas en proporción á súa contía, garantíndose o importe das pensións non contributivas entre todas elas.
Prazo para a cancelación da débeda:
1.- Cando a aplicación das porcentaxes citadas non permita cancelar a totalidade da débeda nun prazo máximo de 5 anos, contados a partir da data en que haxa de producir efecto o desconto, a Entidade xestora incrementará o importe dos descontos na cantidade necesaria que permita o seu reintegro neste prazo.
2.- Cando, unha vez aplicados os descontos que correspondan, ao pensionista lle resulte un importe neto de pensión a percibir inferior á contía, en cómputo anual, das pensións de xubilación e invalidez non contributivas, a Entidade xestora:
-
Se o pensionista non percibe rendementos de capital ou traballo persoal que excedan o
límite de ingresos fixado para o recoñecemento dos complementos para as pensións contributivas inferiores á mínima, ampliará o prazo de 5 anos para cancelar a débeda no tempo que fose necesario para garantir, como mínimo, a contía correspondente ás pensións non contributivas. A tal fin, computaranse os rendementos do ano anterior.
3.- Non será de aplicación a ampliación do prazo de 5 anos para cancelar a débeda:
Cando o pensionista debedor non perciba ingresos superiores ao límite establecido e o importe bruto da pensión ou pensións contributivas que perciba, sexa inferior ou igual ao importe das pensións non contributivas. Neste caso, a Entidade xestora notificará á TGSS a resolución onde se faga constar este extremo e o importe da débeda pendente, a fin de que por esta se inicie o procedemento xeral de xestión recadatoria.
4.- Non será de aplicación a garantía do importe das pensións non contributivas aos perceptores de prestacións periódicas.
Recoñecemento de novas prestacións en favor do debedor:
-
Cando, para o reintegro da débeda, se estivese aplicando o procedemento xeral establecido no |art. 102 do Regulamento xeral de recadación dos recursos do Sistema da Seguridade Social, a Entidade xestora:
-
Antes de emitir a correspondente resolución, informará á TGSS sobre o recoñecemento da nova prestación.
-
Se para o reintegro da débeda puidese aplicarse o procedemento de desconto e a Tesourería non tivese iniciado o correspondente procedemento executivo, solicitará a esta a posibilidade de paralizar as súas actuacións, co obxecto de que se realicen os descontos sobre a nova prestación tendo en conta o procedemento especial.