ERRO DESCARGA INFORMES APLICACIÓN “INCAPACIDADE TEMPORAL ONLINE”
Actualmente, a descarga dos informes da aplicación “Incapacidade Temporal Online”, situada no Sistema RED Online, unicamente funciona se se accede a través do navegador Internet Explorer. Non obstante, estase a traballar nunha versión da aplicación que sexa compatible con todos os navegadores. Esta nova versión estará en funcionamento, previsiblemente, no mes de xuño.
Namentres esta versión non está dispoñible, existe unha opción que permite utilizar o navegador Internet Explorer e, polo tanto, descargar os informes. Para iso, cómpre acceder á configuración do navegador Edge e no menú da esquerda seleccionar a opción "Navegador predeterminado". Unha vez aí, no apartado “Compatibilidade de Internet Explorer”, no despregable que aparece xunto á opción “Permitir que Internet Explorer abra sitios en Microsoft Edge”, será necesario seleccionar "Nunca".

Ademais, para descargar os informes é necesario que o sitio https://w2.seg-social.es estea dentro dos “Sitios de confianza” no apartado de “Seguridade” das “Opcións de Internet”. Deste xeito, ao cargar o sitio a través de Edge no modo Internet Explorer, volve saír a ventá para a elección do certificado, pero xa non aparecerá o aviso de “Acceso non autorizado”.
Finalmente, recoméndase a seguinte configuración para o produto de lectura de PDF (Adobe Reader):
