Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Avisos ano 2020

09/01/2020- Novedades RECEMA

Realizáronse as seguintes modificacións na funcionalidade online de Certificados de Nacemento e coidado de menor (RECEMA):

  • Posibilidade de comunicar períodos sucesivos –períodos distintos do inicial–.
  • No caso de períodos sucesivos, posibilidade de comunicar a porcentaxe de parcialidade no gozo a tempo parcial.

Esta funcionalidade de momento só se poderá realizar a través desta modalidade online, quedando a modalidade de remesas á espera da publicación dunha nova versión de SILTRA/WINSUITE32.

  • Adaptación á nova duración da prestación para o outro proxenitor dende o 01/01/2020 de 12 semanas.

No apartado Sistema RED/INSS/Manuais de Usuario, encóntrase dispoñible unha nova versión do Manual de Usuario RECEMA.

05/02/2020- Boletín de Noticias RED 01/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 01/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Novidades no servizo de atención telefónica ao Autorizado RED.
  • Novo manual usuario RECEMA.
  • Centros portuarios de emprego: non comunicación da cesión respecto dos traballadores portuarios con contrato indefinido.
  • Envío opcional da relación nominal de traballadores. Novo servizo de obtención de RNT definitivos.
  • Modificación do ficheiro de resposta


06/03/2020- Boletín de Noticias RED 02/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 02/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 5/2020, do 25 de febreiro, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de agricultura e alimentación.
  • Servizo de solicitude de devolucións de ingresos de Réximes Especiais
  • Prestación por exercicio corresponsable do coidado do lactante

13/03/2020- Boletín de Noticias RED 03/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 03/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.
  • Real Decreto-Lei 7/2020, do 12 de marzo, de medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19.
  • COVID19: Redución da atención presencial e outras medidas.
  • Suspensión da posta en produción das modificacións nos esquemas de ficheiros.

18/03/2020- Boletín de Noticias RED 04/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 04/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-lei 8/2020: Medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19. Exoneración de cotas.
  • Real Decreto 465/2020: Modificación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. Suspensión de termos e interrupción de prazos.
  • Aclaracións ao Real Decreto-Lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

25/03/2020- Boletín de Noticias RED 05/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 05/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Novidades do Servizo de Atención da TGSS
  • Aclaracións ao Real Decreto-Lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.
  • Ampliación prazo para a corrección de datos da alta.
  • Presentación de escritos e solicitudes a través de rexistro electrónico.

27/03/2020 COVID-19: Inactividades V, W ou X.

A comunicación das inactividades V, W ou X para a identificación dos traballadores afectados polo ERTE polo COVID-19, poderanse realizar a partir do día 28 de marzo polos procedementos habituais no ámbito de afiliación.

27/03/2019 Ampliación de prazo para a eliminación de baixas consolidadas

Procedeuse a ampliar o prazo para a eliminación de baixas consolidadas ata o último día do mes da Data Real de Baixa.

30/03/2020- Boletín de Noticias RED 06/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 06/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias fronte ao impacto económico e social do Covid-19. Suspensión de contratos e xornadas por forza maior (ERTE).
  • Novas funcionalidades RED Afiliación en liña.
  • Ampliación do prazo para eliminación baixas consolidadas.
  • Modificación na forma de anotación de determinados valores do campo relación laboral de carácter especial.
  • Covid-19. Actuacións no ámbito da xestión da incapacidade temporal. Suspensión da emisión de resolucións de prórroga da IT ao cumprimento dos 365 días.
  • Aclaracións ao Real Decreto-Lei 6/2020, do 10 de marzo, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública.

03/04/2020- Boletín de Noticias RED 07/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 07/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo: Habilitación aos Autorizados RED.
  • Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo: Moratorias e aprazamentos. Aspectos xerais.
  • Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo: Moratorias das cotizacións sociais á Seguridade Social.
  • Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo: Aprazamentos das cotizacións sociais á Seguridade Social.
  • Ampliación do prazo para mecanización de xornadas reais.
  • Nova partición de tramos durante a situación de IT de continxencias comúns pagamento delegado (PEC21).
  • Actuacións no ámbito da xestión dos partes de IT.
  • Novidades do servizo de atención da TGSS: Implantación CASIA

15/04/2020- Boletín de Noticias RED 08/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 08/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Aspectos básicos para a comunicación de  moratorias, aprazamentos, ERTES, reducións de xornada e outros aspectos. 
  • Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo: Redución de xornada COVID 19.
  • Real Decreto-lei 8/2020: Aclaración para a identificación dos distintos tipos de ERTES.  
  • Real Decreto-lei 8/2020: Aclaración para o cálculo de cotas nos distintos ERTES.
  • Real Decreto-lei 11/2020: Solicitude de aprazamentos e actuación en materia de liquidacións
  • Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo: Moratorias das cotizacións sociais á Seguridade Social. Solicitude de moratoria para empresas.
  • Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo: Moratorias das cotizacións  sociais á Seguridade Social. Solicitude de  moratoria para os traballadores por conta propia.
  • Real Decreto-Lei 13/2020, do 7 de abril, polo que se adaptan determinadas medidas urxentes en materia de emprego agrario.
  • Actuacións no ámbito da xestión dos partes de IT: Modificación instrucións.
  • Modificación na forma de anotación do valor 9916 do campo relación laboral de carácter especial.
  • Ampliación do prazo de eliminación baixas consolidadas de marzo.
  • Ampliación do prazo para mecanización de coeficiente a tempo parcial retroactivo.
  • Boletín Noticias RED 7/2020: Corrección de erratas no apartado Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo: Moratorias e aprazamentos. Aspectos xerais.

29/12/2020- Boletín de Noticias RED 21/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 21/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 35/2020. Artigo 7: Medidas extraordinarias en materia de cotización vinculadas aos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego prorrogados automaticamente ata o 31 de xaneiro de 2021 para determinadas actividades dos sectores de turismo, hostalaría e comercio.
  • Real Decreto-Lei 35/2020. Disposición Adicional Terceira: Medidas de apoio á prolongación do período de actividade dos traballadores con contratos fixos descontinuos nos sectores de turismo, comercio e hostalaría vinculados á actividade turística.
  • Real Decreto-Lei 35/2020. Disposición Adicional Cuarta: Supresión durante o ano 2021 dos requisitos mínimos de actividade para o mantemento no censo de activos dos profesionais taurinos e para a inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social dos artistas en espectáculos públicos durante os períodos de inactividade.
  • Real Decreto-Lei 35/2020. Número un da Disposición Final Terceira: Devolución de cotas en supostos de variación de datos de empresas e traballadores.
  • Real Decreto-Lei 35/2020. Número dous da Disposición Adicional Terceira: Bases e Tipos de cotización e acción protectora no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
  • Ampliación de prazo para mecanización de coeficiente a tempo parcial retroactivo.



18/12/2020- Boletín de Noticias RED 20/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 20/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Modificación no ámbito da cotización de traballadores con contrato a tempo parcial con concentración da prestación de servizos en períodos inferiores aos de alta

  • Modificación do cálculo da data de prazo regulamentario de ingreso en liquidacións L03 "aboamento de salarios con carácter retroactivo"

  • Cesamento no mantemento da aplicación Winsuite32  no ámbito de Afiliación, INSS e CRA

  • Anexo 1: exemplos cotización traballadores tempos parciais concentrados


     

09/12/2020- Aclaracións ERTES Real Decreto Lei 30/2020, do 29 de setembro: Valores de Declaración Responsable comunicada ao CCC, inactividades comunicadas aos traballadores e aplicación da exoneración

Cadro esquema: Declaración Responsable CPC, valor de inactividade comunicado ao traballador, (*) aplicación da exoneración segundo máis abaixo se detalla

INACT. \ CPC
CPC62
CPC 67 
CPC68
CPC69
CPC70
CPC71
CPC72
CPC73
SUSPENSIÓN TOTAL
B4 (*1) 
C1 (*1) 
C7 (*1)
D4 (*5)
E1 (*5)
E7 (*5)
 F4 (*5) 
G1 (*5)
SUSPENSIÓN PARCIAL
B5 (*2)
C2 (*2)
C8 (*2)
D5 (*7)
E2 (*7)
E8 (*7)
F5 (*7)
G2 (*7)
REINCORPORAC.TOTAL
B6 (*3)
C3 (*3)
C9 (*3)
D6 (*6)
E3 (*6)
E9 (*6) 
F6 (*6)
G3 (*6)
REINCORPORAC.PARC.
B7 (*4)

D1 (*4) 
 D7 (*8)
E4 (*8)
F1 (*8)
F7 (*8)
G4 (*8)
SUSPENSIÓN TOTAL
B8 (*1)

D2 (*1)
D8 (*5) 
E5 (*5)
F2 (*5) 
F8 (*5)
G5 (*5)
SUSPENSIÓN PARCIAL
B9 (*2)

D3 (*2)
D9 (*7)
E6 (*7)
F3 (*7)
F9 (*7) 
G6 (*7)


Inactividades relativas ás Declaracións Responsables CPC 067 e 068 (por apartados 1 e 2 do artigo 2 do RDL.30/2020, así como a CPC 062 por apartado 2 da Disposición adicional primeira do RDL 30/2020): A exoneración aplícase só polos períodos e xornadas en suspensión de actividade (ERTE).

Por iso:

(*1) Suspensión total actividade:

B4 - B8 - C1: Exoneración parte en suspensión ERTE: 100% - 90%, conforme o número de traballadores da empresa.

C7 - D2: Exoneración parte en suspensión ERTE: Outubro 100% - 90%, Novembro 90% - 80%, Decembro 85% - 75%, Xaneiro 80% - 70%, en función do número de traballadores da empresa.

(*2) Suspensión parcial actividade: 

B5 - B9 - C2: Exoneración parte en suspensión ERTE: 100% - 90%, en función do no de traballadores da empresa

C8 – D3: Exoneración parte en suspensión ERTE: Outubro 100% - 90%, Novembro 90% - 80%, Decembro 85% - 75%, Xaneiro 80% - 70%, en función do número de traballadores da empresa.

(*3) Reinicio total actividade: B6 - C3 - C9: Sen exoneración

(*4) Reinicio parcial da actividade: 

B7: Exoneración parte suspensión ERTE: 100% - 90% en función do número de traballadores da empresa.

D1: Exoneración parte en suspensión ERTE: Outubro 100% - 90%, Novembro 90% - 80%, Decembro 85% - 75%, Xaneiro 80% - 70%, en función do número de traballadores da empresa.

Declaracións responsables CPC 069, 070, 071, 072, 073 (que parten da Disposición adicional primeira do RDL 30/2020) e as inactividades correspondentes a elas: Exonéranse durante os períodos de suspensión pola parte e xornada suspendida e durante os períodos de reactivación pola parte traballada.

O criterio sostido, ao igual que nos anteriores RDL reguladores de exoneracións na cotización empresarial por ERTE, aplica as exoneracións pola parte traballada só respecto de traballadores reincorporados á actividade.
É por iso que nos valores de inactividade (D5 – D9 - E2 – E6 - E8 – F3 – F5 – F9 – G2 – G6) identificativos de situacións de ERTE parcial, só resulta aplicable exoneración respecto da parte de xornada suspendida.

Por iso:

(*5) Suspensión total:D4 – D8 - E1 – E5 – E7 –F2 – F4 – F8 – G1 – G5: Exoneración parte en suspensión ERTE: 85% - 75%, conforme o número de traballadores da empresa.

(*6) Reinicio total: D6 – E3 – E9 – F6 – G3: Exoneración parte traballada, 85% - 75%, segundo o número de traballadores da empresa.

(*7) Suspensión parcial: D5 – D9 - E2 – E6 - E8 – F3 – F5 – F9 – G2 – G6: O Sistema só aplica exoneración á parte de actividade suspendida, 85% - 75%, segundo o número de traballadores da empresa.

(*8) Reinicio parcial: D7 – E4 – F1 – F7 – G4: O Sistema aplica exoneración tanto á parte de actividade suspendida como á reiniciada, 85% - 75%, segundo o número de traballadores da empresa.

01/12/2020- Nova versión de SILTRA

NOVA VERSIÓN DE SILTRA:
 
Infórmase que mañá día 2 de decembro se vai publicar unha nova versión de SILTRA, (versión 2.3.1).
Lembramos que SILTRA se actualizará automaticamente ao realizar un envío, polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual. Non obstante, tamén estará dispoñible para a súa descarga na área de software do Sistema RED.
 
Esta versión de SILTRA contén como novidades que o software tanto da instalación como da actualización vai asinado co certificado dixital da GISS (Xerencia Informática da Seguridade Social) que permitirá ao usuario verificar a integridade e autenticidade do paquete de instalación/actualización.
 
Igualmente, esta versión resolve as incidencias detectadas na versión 2.3.0 relacionadas coa impresión (impresión masiva RNT por NAF, Impresión importe negativo de RLC e erro ao imprimir RNT se a ruta ten acentos).
 
No apartado Notas acerca de la versión 2.3.1 amplíase esta información. Tamén se actualizou o Manual Instalación para que o usuario saiba como verificar a orixe do software.

30/11/2020- Corte dos Servizos

CORTE DOS SERVIZOS

Infórmase que por tarefas de actualización, os servizos de SLD  e RED Directo permanecerán pechados desde hoxe día 30 de novembro ás 20.00 horas ata o vindeiro día 3 de decembro ás 12.00 horas.
 
Esta parada non afectará a recepción de ficheiros de cotización, pero si ao seu procesamento. Os ficheiros recibidos a partir das 20.00 horas do día de hoxe non serán procesados, e polo tanto non se remitirá a resposta ata o vindeiro día 3 de decembro.

17/11/2020- Situacións de ERTE e I.T. ou Nacemento ou Coidado dun Menor

ACLARACIÓNS SITUACIÓNS DE IT/NACEMENTO COIDADO DE MENOR E ERTE PARA OS PERÍODOS DE LIQUIDACIÓN DE OUTUBRO 2020 A XANEIRO 2021

Co obxecto de clarificar e mellorar a xestión nas situacións de IT/nacemento coidado de menor e ERTE, con independencia da súa natureza, para os períodos de liquidación de outubro 2020 a xaneiro 2021 e en diante o sistema vai aplicar os criterios de compatibilidade que seguidamente se refiren:

Incapacidade Temporal
Para traballadores en situación de IT e ERTE, con carácter xeral, o sistema fai prevalecer as peculiaridades de cotización do traballador relativas ao ERTE e exoneración, por iso:

  • Traballador en ERTE total ao que sucede unha situación de IT:  O sistema dará preferencia ás peculiaridades relativas ao ERTE, suspensión e no seu caso exoneración, sobre as de IT.
  • Traballador en IT ao que sucede unha situación de ERTE:   O sistema dá preferencia ás peculiaridades relativas ao ERTE, suspensión e no seu caso exoneración, cando o que se ha de aplicar son unicamente as peculiaridades de IT ata a súa finalización.  Polo tanto, é necesario solicitar (*) a regularización das peculiaridades para eliminar as de ERTE e exoneración e aplicar as de IT ata a alta médica, xerando as de ERTE e, no seu caso, exoneración tras a finalización da IT.
  • En ERTE parcial, o sistema aplicará simultaneamente as peculiaridades de ERTE e, no seu caso, exoneración xunto coas peculiaridades de IT. 

Nacemento e coidado de menor

  • ERTE total ao que sucede unha Maternidade/Paternidade total:  Prevalecen as peculiaridades de cotización do traballador por ERTE e, no seu caso exoneración.
  • Maternidade/Paternidade total á que sucede un ERTE total:  O sistema aplica as peculiaridades de ERTE e, no seu caso, exoneración, cando debe prevalecer a de nacemento e coidado de menor. Por iso, é necesario solicitar (*) a regularización das peculiaridades de cotización do traballador para que se aplique a peculiaridade por nacemento e coidado de menor.
  • ERTE total ao que sucede unha Maternidade/Paternidade parcial:  O sistema compatibilizaría as peculiaridades de cotización do traballador, pero a situación parece incongruente polo que neste caso antes de comunicar Maternidade/Paternidade parcial debería consultar o empresario se é procedente cos organismos dos que dependen estas prestacións.
  • Maternidade/Paternidade parcial á que sucede un ERTE total:  Son compatibles as situacións e o sistema compatibiliza as peculiaridades de cotización do traballador.
  • ERTE parcial ao que sucede unha Maternidade/Paternidade total:  Será necesario solicitar (*) a regularización das peculiaridades de cotización do traballador para poder permitir, conforme o caso, a exoneración en traballadores que acceden a unha prestación de nacemento e coidado de menor total desde unha situación de ERTE parcial
  • Maternidade/Paternidade total á que sucede unha situación de ERTE parcial:  Neste caso debe prevalecer, e o sistema aplicará, a peculiaridade de nacemento e coidado menor.
  • ERTE parcial ao que sucede unha Maternidade/Paternidade parcial:  Son compatibles as situacións e o sistema compatibiliza as peculiaridades de cotización do traballador.
  • Maternidade/Paternidade parcial á que sucede un ERTE parcial:  Son compatibles as situacións e o sistema compatibiliza as peculiaridades de cotización do traballador.

(*) A solicitude de regularización das peculiaridades de cotización do traballador nos casos sinalados realizarase polo autorizado RED mediante o Sistema RED Online, dando de alta un Caso no servizo de Atención ao Autorizado (CASIA). Como Tipo de Caso seleccionarase “Trámite”, como Materia seleccionarase “Afiliación Altas e Baixas”, como Categoría seleccionarase “Var. datos traballadores conta allea”, como Subcategoría seleccionarase “ERTE-Situacións Especiais e 406” .


Infórmase tamén que a Tesouraría da Seguridade Social (TGSS) só pode informar en relación coa obriga de presentar a cotización, ben da parte empresarial ou da parte a cargo do traballador, cando esta presentación é responsabilidade do empresario. As consultas sobre o aboamento de prestacións ao traballador e/ou sobre a presentación da correspondente cotización, cando estas non corren por conta do empresario, ben sexa por incapacidade temporal, ou nacemento e coidado de menor ou por ERTE, deben de dirixirse aos organismos dos que dependen estas prestacións.

22/10/2020- Aclaración BNR 19/2020 Real Decreto-Lei 30/2020. Artigo 2. Apartado 1. Expedientes de Regulación Temporal de Emprego por Impedimento.

ACLARACIÓN BNR 19/2020 REAL DECRETO-LEI 30/2020. ARTIGO 2. APARTADO 1: EXPEDIENTES DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO POR IMPEDIMENTO.

Comunicación da identificación das persoas traballadoras e período da suspensión ou redución de xornada.

A identificación dos traballadores, período da suspensión ou redución de xornada e reinicio da actividade aos que se refire o apartado 1 do artigo 2 do Real Decreto-Lei 30/2020, efectuarase exclusivamente a través dos valores do campo TIPO DE INACTIVIDADE que se indican a continuación:

  • C1: SUSP.ERTE IMPEDIM.ACTIVIDADE RDL30/20.
  • C2: RED.ERTE IMPEDIM.ACTIVIDADE RDL30/20.
  • C3: TRAB.ACT.TOTAL SUSP.IMP. ACT RDL30/20

Os valores C4, C5 e C6 incluídos por erro no apartado ESQUEMA DECLARACIÓNS RESPONSABLES -CPC- E COMUNICACIÓNS SOBRE TRABALLADORES –TIPO INACTIVIDADE- non estarán dispoñibles.

16/10/2020- Boletín de Noticias RED 19/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 19/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 30/2020: Artigo 1.
  • Real Decreto-Lei 30/2020. Artigo 2. Apartado 1: Expedientes de regulación temporal de emprego por impedimento.
  • Real Decreto-Lei 30/2020. Apartado 2 do Artigo 2: Expedientes de regulación temporal de emprego por limitacións.
  • Real Decreto-Lei 30/2020. Disposición Adicional Primeira: Empresas pertencentes a sectores cunha elevada taxa de cobertura por ERTE e unha reducida taxa de recuperación de actividade. Apartado 3.a) Empresas con actividade clasificada nalgúns dos Códigos CNAE-09 do anexo do Real Decreto-Lei ás que se prorrogue automaticamente o ERTE baseado no artigo 22 do Real Decreto-Lei 8/2020.
  • Real Decreto-Lei 30/2020. Disposición Adicional Primeira: Apartado 3.a) Empresas cuxo negocio dependa das empresas ás que fai referencia o apartado anterior ou que formen parte da cadea de valor destas.
  • Real Decreto-Lei 30/2020. Disposición Adicional Primeira: Apartado 3.b) Empresas con actividade clasificada nalgúns dos códigos CNAE-09 do anexo do Real Decreto-Lei, que transiten dun ERTE de forza maior a un ERTE ETOP.
  • Real Decreto-Lei 30/2020: Disposición Adicional Primeira: Apartado 3.c) Empresas con actividade clasificada nalgúns dos Códigos CNAE-09 do anexo do Real Decreto-Lei, que sexan titulares dun ERTE baseado no artigo 23 do Real Decreto-Lei 8/2020, ás que se refire o artigo 4.2 do Real Decreto-Lei 24/2020.
  • Real Decreto-Lei 30/2020: Disposición Adicional Primeira: Apartado 3.d) Empresas cualificadas como dependentes ou integrantes da cadea de valor que transiten desde un ERTE de forza maior a un ERTE de ETOP.
  • ERTE baseados no apartado 2 da Disposición Adicional Primeira do Real Decreto-Lei 24/2020.
  • Esquema Declaracións Responsables -CPC- e comunicacións sobre traballadores -Tipo Inactividade-.
  • Forma de identificación dos traballadores polos que resultaron de aplicación, ata o 30 de setembro de 2020, exencións na cotización ao abeiro do establecido no Real-Decreto Lei 24/2020.
  • Outros aspectos.
  • Aspectos comúns.
  • Actualización de liquidacións de cotas: Novos conceptos económicos.

09/10/2020- Incidencia remesas afiliación. Erro 5017”

Por mor dun problema informático nesta Tesouraría Xeral da Seguridade Social, no día de onte foron rexeitados movementos de afiliación presentados a través da modalidade de remesas. O erro que se devolvía era 5017 TIPO DE INACTIVIDADE, VALOR INCORRECTO OU NON PERMITIDO.
Este problema xa foi resolto. Os movementos que foron rexeitados vanse procesar de novo, polo que se recibirán novas respostas referidas a estes movementos.

06/10/2020- Boletín de Noticias RED 18/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 18/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
  • Posta en produción de novas funcionalidades no ámbito de cotización.
  • Posta en produción de novas funcionalidades no ámbito de afiliación.
  • Posta en produción de novas funcionalidades no ámbito do INSS.
  • Nova versión Siltra 2.3.0
  • Baixa automática de contas bancarias para cargo en conta por inactividade durante un período de 36 meses.
  • Actualización do Manual de Instrucións Técnicas.
  • Inclusión en CASIA dos trámites relativos á xestión de Autorizacións RED.

01/10/2020- Actualización da documentación relativa a Trámites de Xestión de Autorizacións RED

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED) actualizouse a documentación relativa aos Trámites de Xestión de Autorizacións RED no apartado Documentación trámites CASIA e formulario casos Materia Técnica.

A documentación actualizada corresponde aos seguintes trámites:

  • Trámite Solicitude de Cambio de Medio de Transmisión.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Usuario Principal dunha Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Tipo de Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Domicilio da Autorización RED.
  • Trámite Solicitude de Cambio de Razón Social dunha Autorización RED.

Nos documentos de cada un dos trámites inclúese unha ligazón ao formulario oportuno para realizar a solicitude correspondente.

Do mesmo xeito indícase que se actualizou o Manual para a utilización do servizo CASIA publicado na páxina web da Seguridade Social na seguinte ruta: Información Útil/Sistema RED/CASIA: Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED/Manuais e Divulgación.

28/08/2020- Renuncia exoneracións ERTES COVID – Repartición Dividendos

Como continuación ao sinalado no BNR 17/2020, do 25 de agosto, sobre renuncia das exoneracións na cotización empresarial establecidas para os ERTES COVID por optar a empresa pola repartición de dividendos, e a esixencia da anotación da CAUSA PECULIARIDADE COTIZACIÓN 064 no ficheiro complementario de contas, infórmase que, co fin de simplificar a xestión, a partir do día 2 vaise efectuar diariamente un proceso que anotará automaticamente a CPC 064 en TODOS os CCC asociados como principal-secundarios do CCC que actualmente a tivese xa mecanizada, sempre que estes CCC teñan o mesmo NIF.

Este novo proceso fará innecesaria a comunicación individual da renuncia por cada un dos CCC da empresa, abondando que esta se solicite, a través de CASIA, respecto ao CCC principal. Esta renuncia entenderase realizada respecto de todos os CCC asociados que teñan o mesmo NIF. Unicamente no suposto de que existan CCC secundarios con distinto NIF que o principal, deberán presentar, a través de CASIA, unha solicitude de renuncia individualizada por cada CCC con NIF diferente.

En liña con este cambio, procedeuse a modificar o formulario CASIA de renuncia FC.064

27/08/2020- Peche servizos CASIA

Infórmase que por problemas técnicos os servizos CASIA permanecerán pechados durante o día de hoxe, sentimos as molestias.

25/08/2020- Boletín de Noticias RED 17/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 17/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 24/2020: Procedemento para o aboamento do importe das exencións como consecuencia do establecido no artigo 5.2.  Repartición de Dividendos.
  • Aclaracións Boletín de Noticias 15/2020
  • Ficheiro Consulta de Cálculos de Cotas exoneradas.
  • Prórroga Contratos Predoutorais (D.A.14.RDL15/2020)-Situación Adicional Afiliación 433.
  • Modificación Esquemas Ficheiros SLD.

08/08/2020- Actuación en remesas SLD

Comunícase que o vindeiro sábado 8 de agosto desde as 00:00 ata as 22.00 do mesmo día, a causa da implementación de novas funcionalidades, producirase unha actuación que vai afectar os envíos en remesas do Sistema de Liquidación Directa. Os usuarios poderán enviar/descargar ficheiros pero non poderán obter as respostas ata que se restableza o servizo e polo tanto o seu procesamento. Informarase oportunamente do restablecemento dos servizos.
Esta parada non afectará aos servizos online SLD nin a RED Directo, que si estarán operativos.

31/07/2020-Apertura de novos Trámites

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED) incluíronse tres novos trámites con Materia Inscrición de Empresas e Categoría Variación de datos. Os trámites son:

  • Declaración Responsable F.D.Turismo.
  • Declaración Responsable 062.
  • Declaración Responsable 064.

Como información complementaria, publicáronse no apartado Documentación trámites CASIA y formulario casos Materia Técnica os documentos correspondentes a cada un dos trámites e os formularios de Declaración Responsable que se deberán de achegar.

24/07/2020- Bonificacións empresas sector turístico

DECLARACIÓN RESPONSABLE SOBRE A VINCULACIÓN AO SECTOR DO TURISMO.

Modo presentación da declaración responsable:

  • Empresas con actividades encadradas no sector do turismo con CNAE 79XX, deberán ser anotadas por Usuarios do Sistema RED. A partir de hoxe, 24 de xullo xa se encontra habilitada a anotación desta CPC 017 polos usuarios RED destas empresas.
  • Empresas encadradas no sector do comercio e a hostalaría, CCC identificados cos valores CNAE09: 55XX e 56XX e do comercio con vinculación ao turismo, NON poderán anotar a declaración responsable os usuarios RED. Deberán presentar a declaración responsable a través do correspondente trámite do Servizo CASIA, para a súa anotación polos Usuarios da TGSS e do ISM, nos supostos nos que se verifique tal vinculación. Ao longo da vindeira semana, que se inicia o día 27 de xullo, estará habilitado o trámite para a presentación da declaración responsable polos usuarios RED.

SITUACIÓN ADICIONAL DA AFILIACIÓN 420

Prazos de comunicación da SAA 420:

Dende hoxe, 24 de xullo xa é posible  anotar a correspondente SAA 420.

O prazo de comunicación para a SAA 420 do mes de XULLO estenderase ata o 30 de agosto de 2020.

Meses de agosto, setembro e outubro 2020: Os prazos de comunicación serán os seguintes:

  • Comunicación previa: ata 60 días da DATA DESDE do rexistro con TIPO SAA 420
  • Resto de comunicacións: Durante todo o mes natural correspondente á DATA DESDE e ata o penúltimo día do prazo regulamentario de ingreso.

16/07/2020- Boletín de Noticias RED 16/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 16/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-lei 25/2020: Medidas de apoio á prolongación do período de actividade dos traballadores con contratos fixos descontinuos nos sectores de turismo, comercio e hostalaría vinculados á actividade turística.
  • Novidades CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED).
  • Aclaracións Boletín de Noticias 15/2020
  • Corrección de erros do boletín de Noticias RED 15/2020: Real Decreto-lei 24/2020. Artigo 4.1. Declaracións responsables e comunicacións.
  • Corrección erros de Boletín Noticias RED 11/2020 e 15/2020: Presentación declaración responsable.
  • Mecanización de Inactividades a través da modalidade ONLINE.

16/07/2020- CASIA: implementación de novos controis

No servizo para a atención ao Autorizado RED, CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED), establecéronse novos controis dirixidos a garantir a calidade dos Datos complementarios comunicados, evitando deste xeito a apertura de casos con información insuficiente ou errónea que precisen a solicitude de nova información o que supón un atraso na súa resolución.

Os controis establecidos baséanse na obrigatoriedade de cumprir determinados datos complementarios conforme o tipo de caso, materia, categoría e subcategoría, as correspondencias entre eles e as validacións de formato. Ademais nos casos de tipo Trámite mostrarase unha única liña para informar datos complementarios, de xeito que se posibilite o arquivo automático da documentación no expediente electrónico correspondente ao CCC/NAF.

Para consultar os Datos complementarios que se deben informar en cada caso, poden consultar o Manual para la utilización del servicio CASIA que se publicou na páxina web da Seguridade Social na seguinte ruta: Información Útil/Sistema RED/CASIA: Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED/Manuais e Divulgación. No entanto, recoméndase achegar o maior número de datos de que se dispoña.

06/07/2020- Boletín de Noticias RED 15/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 15/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-lei 24/2020: Título I - II -Acordo social en defensa do emprego: medidas sociais de reactivación do emprego-
  • Real Decreto-lei 24/2020: Artigo 4.1. Declaracións responsables e comunicacións.
  • Notificación da Inspección de Traballo e Seguridade Social en relación coas obrigas empresariais vinculadas a ERTE COVID-19.
  • Real Decreto-lei 24/2020: Título II - Medidas de apoio aos Traballadores Autónomos-
  • Real Decreto-lei 15/2020: Formalización Incapacidade Temporal con Mutua Colaboradora.
  • Novo servizo para obter duplicados das resolucións de alta ou baixa no Sistema Especial de Empregados de Fogar.
  • Afiliación á Seguridade Social: Obriga empresarial. Solicitude a través de CASIA.
  • Modificación esquemas de ficheiros SLD.
  • Ampliación prazos Sistema RED xullo e agosto.

02/07/2020- Novo servizo para comunicar o cambio de INSS a unha Mutua para traballadores RETA

Para os traballadores autónomos que aínda manteñan a protección pola prestación económica por incapacidade temporal co INSS, a Disposición adicional décima do Real Decreto-lei 15/2020 establece un prazo de 3 meses desde a finalización do Estado de Alarma para proceder á opción por unha Mutua colaboradora, que concluirá o 21 de Setembro de 2020. Este cambio de INSS a Mutua será efectivo desde o día 1 de novembro de 2020.

Para posibilitar o exercicio da opción por unha Mutua colaboradora nos termos sinalados, adaptouse o Servizo que está xa dispoñible no Sistema RED para solicitar o cambio anual de coberturas no ámbito do RETA. Esta adaptación permitirá que o Servizo sinalado se poida empregar para solicitar o cambio de Mutua por unha distinta para o ano seguinte e para proceder á opción por unha Mutua por parte dos autónomos que manteñen o INSS, sendo o propio Sistema, en ambos casos, o que asigne automaticamente a data de efectos como segue:

  • No caso no que o autónomo ao que faga referencia a solicitude de cambio figure no FGA coa Mutua 777 (INSS), o Sistema asignará como data de efectos da opción o 1 de novembro de 2020.
  • Nos supostos nos que o autónomo ao faga referencia a solicitude de cambio conste no FGA cunha Mutua distinta á 777 (INSS), automaticamente a data do cambio será a do 1 de xaneiro de 2021.

22/06/2020- COVID-19. Actuacións no eido da xestión da Incapacidade Temporal

Unha vez finalizado o estado de alarma decretado no RD 463/2020, o día 21 de xuño, infórmase que, a partir do día 1 de xullo, o Instituto Nacional da Seguridade Social  procederá a citar de novo os traballadores para recoñecemento médico cando se poidan superar os 365 días de IT, no exercicio das competencias atribuídas no art. 170.2 do Texto Refundido da Lei Xeral de Seguridade.

No caso de que no exercicio das competencias recollidas no artigo citado se acorde a prórroga de IT ou a prolongación de efectos da IT, concluirá a obriga do pagamento delegado da prestación de IT nos termos recollidos na comunicación que se realice para tales efectos.

No caso dos traballadores que na actualidade perciban a prestación de IT en pagamento delegado nun proceso superior a 365 como consecuencia da suspensión de emisión de resolucións de prórroga de IT durante o estado de alarma, deberán permanecer na mesma situación ata a finalización do proceso de IT.

17/06/2020- Novo erro sistema RED: “155 CONTINXENCIA INCORRECTA”.

Creouse un novo erro para o rexeitamento dos partes de IT no sistema RED. O literal deste novo erro é o seguinte: "155 CONTINXENCIA INCORRECTA".

Devolverase naqueles casos nos que se pretenda transmitir un parte de IT cuxa continxencia non coincida coa existente nese momento nas bases de datos da Seguridade Social.

Este erro está en funcionamento dende o pasado 8 de xuño.


15/06/2020- Modificacións ficheiro FIE

No deseño do Ficheiro INSSEMPRESAS (FIE) procedeuse a modificar o literal do campo 1170 que pasa a ser: Parte de baixa anulado SPS, MCSS, INSS, RED con valores posibles: S ou espazo en branco.

Neste campo comunicaranse as anulacións dos partes de baixa realizadas polos Servizos Públicos de Saúde, as MCSS, o INSS ou a través do sistema RED. Os valores posibles serán “S” (cando o parte de baixa fose anulado) ou espazo en branco. A anulación dese parte de baixa suporá que o proceso de IT, cuxa data de baixa se indica no campo 1020, sexa eliminado da base de datos do INSS.

05/06/2020- Boletín de Noticias RED 14/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 14/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Ampliación información Real Decreto Lei 18/2020.
  • Inicio da comunicación das declaracións responsables.

29/05/2020- Boletín de Noticias RED 13/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 13/2020, que contén os seguintes puntos:

  •  Ampliación información Real Decreto-Lei 18/2020: novos tipos de inactividade asociada a situacións de suspensión total  ou parcial por forza maior COVID 19.
  • Nova partición de tramos durante a situación de IT continxencias comúns pagamento delegado (Peculiaridade 21)
  • Corrección de erros dos BNR 11/2020 e 12/2020


22/05/2020- INSS. Ampliación prazos modificación datos partes de IT

Ampliouse o prazo para que as empresas poidan modificar os datos dos partes de incapacidade temporal modificados polo Servizo Público de Saúde,  e que xa foran previamente remitidos polo sistema RED, ata un prazo máximo de 90 días despois da primeira comunicación, tanto polo sistema RED REMESAS (ficheiro FDI) como polo RED ONLINE.

Deste xeito preténdese que as empresas poidan transmitir os datos económicos correctos, cando for necesario, se se produce un cambio de continxencia por mor dun cambio no diagnóstico médico do proceso de incapacidade temporal.

19/05/2020- Boletín de Noticias RED 12/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 12/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Aclaracións ao Boletín Noticias RED 11/2020.
  • Compatibilidade das prestacións por nacemento e coidado do menor gozadas a tempo parcial e prestacións por desemprego.

14/05/2020- Boletín de Noticias RED 11/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 11/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-lei 18/2020: Medidas sociais en defensa do emprego.
  • Real Decreto-lei 18/2020: Requisitos para a aplicación das exencións.
  • Real Decreto-lei 18/2020: Declaración responsable sobre a situación de forza total maior ou forza maior parcial derivada do COVID-19.
  • Real Decreto-lei 18/2020: Identificación de persoas traballadoras ás que resulten se apliquen exencións.
  • Real Decreto-lei 18/2020: Comunicación respecto de persoas traballadoras en situación de suspensión do seu contrato de traballo ou redución de xornada.
  • Real Decreto-lei 18/2020: Comunicación respecto das persoas traballadoras que reinicien a súa actividade total ou parcialmente en situacións de forza maior parcial.
  • Aspectos xerais sobre as exencións na cotización reguladas no artigo 24 do Real Decreto-Lei 8/2020 e artigo 4 do Real Decreto-lei 18/2020.
  • Adiamentos.: Aclaracións.
  • Anexo I: Exencións aplicables a persoas con tipo inactividade “V”, “W” ou “X”. Peculiaridades de cotización.
  • Anexo II: Exencións aplicables a persoas con tipo inactividade “R” ou “S”. Peculiaridades de cotización.
  • Anexo III: Exemplo.

30/04/2020- Boletín de Noticias RED 10/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 10/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Orde ISM/371/2020, do 24 de abril, pola que se desenvolve o artigo 34 do Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19.
  • ERTE forza maior COVID-19 e situacións de baixa médica e nacemento e coidado de menor.
  • ERTE e riscos por embarazo ou lactación.

27/04/2020- Boletín de Noticias RED 09/2020

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 09/2020, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-lei 15/2020 do 21 de abril: Redución de cotas para traballadores agrarios en períodos de inactividade.
  • Real Decreto-lei 15/2020: Traballadores por conta propia. Opción por unha Mutua Colaboradora.
  • Real Decreto-lei 15/2020: Aprazamento no pagamento de débedas coa Seguridade Social.
  • Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. Aclaración sobre identificación de determinadas suspensións de contratos e reducións de xornadas por forza maior derivados do COVID 19.
  • Comunicación Xornadas Reais dos traballadores agrarios durante as situacións de suspensión de contrato ou redución de xornada.
  • Boletín Noticias RED 8/2020. Corrección errata no apartado aclaración para a identificación dos distintos tipos de ERTE.
  • Novidades CASIA (Coordinación, Atención e Soporte integral ao Autorizado RED).
  • Información de interese na páxina web- apartado COVID-19.
Complementary Content
${loading}