Prestación por lesións permanentes non invalidantes
Procedemento
Información xeral
| Obxecto: | Trata de compensar economicamente o traballador polas lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidente de traballo ou enfermidade profesional que, sen chegaren a constituír unha incapacidade permanente, supoñen unha diminución ou alteración da integridade física do traballador, sempre que estean recollidas no baremo establecido para o efecto. | 
|---|---|
| Beneficiarios: | Os traballadores incluídos no sistema da Seguridade Social que teñan protexidas as continxencias profesionais e que cumpran os requisitos esixidos. | 
| Requisitos: | O traballador deberá: 
 | 
| Contía: | 
 | 
| Pagamento: | As cantidades que correspondan por aplicación do baremo son satisfeitas pola entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social que estea obrigada a realizar o pagamento das prestacións por incapacidade permanente derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional. | 
| Incompatibilidades / Compatibilidades: | É incompatible con prestacións económicas por incapacidade permanente, agás no caso de que as devanditas lesións, mutilacións ou deformidades sexan totalmente independentes das que fosen tomadas en consideración para declarar a incapacidade permanente. É compatible co traballo, mesmo na mesma empresa. | 
| Prazos: | A dirección provincial do INSS ou do ISM, se é o caso, ditará resolución nun prazo máximo de 135 días. | 
| Impresos: | Solicitude da pensión de incapacidade permanente e lesións permanentes non invalidantes | 
| Documentación: | A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude. | 
| Onde se tramita: | Na dirección provincial do INSS ou do ISM onde teña o seu domicilio o interesado. | 
| Entidade competente: | 
 | 
| Outros datos de interese: | Particularidades dos réximes especiais. Revisión: Son revisables por agravación das secuelas que motivaron a indemnización polas lesións permanentes non invalidantes, sen impedir que o traballador poida solicitar o recoñecemento do dereito ás prestacións por incapacidade permanente derivada da continxencia que corresponda. Cando exista responsabilidade empresarial, a indemnización terá un aumento, segundo a gravidade da falta, dun 30 a un 50 por 100. En Cataluña as funcións dos EVI, realízaas o Instituto Catalán de Avaliación de Incapacidades e a Comisión de Avaliación de Incapacidades. | 
 
							 Inicio
 Inicio