Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Alta, baixa e variación de datos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos

Procedemento de alta, baixa e variación de datos no Réxime Especial de Autónomos

Obxecto:

A alta, a baixa e as variacións de datos son comunicacións obrigatorias que deben facerse á Seguridade Social para informar sobre o comezo da actividade laboral do traballador, sobre o cesamento na mesma ou sobre as modificacións de datos identificativos, domiciliarios ou laborais.

Suxeitos:

O traballador autónomo é responsable directo de cumprir a obriga de solicitar a súa alta, baixa e variación de datos.
Se o traballador incumpre a súa obriga a Tesouraría Xeral da Seguridade Social poderá actuar de oficio.

Máis información sobre suxeitos obrigados

Onde tramitalo:

Desde o 1 de outubro de 2018 será obrigatoria a realización polos traballadores autónomos dos seus trámites coa Seguridade Social telematicamente a través dos Servizos dispoñibles na SEDE electrónica ou ben mediante un autorizado a través do Sistema RED.

Prazos:

Solicitude da alta:

  • Previo ao inicio da actividade ata 60 días naturais antes.

Solicitude da baixa e variacións de datos:

  •  3 días naturais.
Efectos:

Altas:

  • Ata tres altas dentro de cada ano natural terán efectos desde o día en que concorran todas as condicións, sempre que se solicitasen no prazo regulamentario.
  • O resto das altas que, se é o caso, se produzan dentro de cada ano natural terán efecto desde o primeiro día do mes natural en que concorran todas as condicións, sempre que se solicitase no prazo regulamentario.
  • As altas solicitadas fóra do prazo regulamentario terán así mesmo efectos desde o día primeiro do mes natural en que se reúnan os requisitos para a inclusión neste Réxime Especial.

Máis información sobre altas

Baixas:

  • Ata tres baixas dentro de cada ano natural terán efectos desde o día en que o traballador cesase na actividade determinante da súa inclusión, sempre que se solicitasen no prazo regulamentario.
  • O resto das baixas que, se é o caso, se produzan dentro de cada ano natural producirán efectos desde o día primeiro do mes seguinte a aquel en que o traballador cesase na actividade determinante da súa inclusión solicitada no prazo regulamentario.
  • Cando o traballador non solicitase a baixa ou a solicitase en forma e prazo distintos aos establecidos para o efecto ou a esta se practicase de oficio, a alta así mantida producirá efectos en canto á obriga de cotizar e non será considerado en situación de alta en canto ao dereito das prestacións.

Máis información sobre baixas

Outros datos de interese: A cobertura da prestación económica por incapacidade temporal terá carácter obrigatorio, desde o 1 de xaneiro de 2008, segundo o establecido na Lei 20/2007 do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo agás para:
  • Os traballadores autónomos con dereito á prestación por incapacidade temporal noutro réxime do Sistema da Seguridade Social no que tamén se atopen en alta en tanto se manteña se situación de pluriactividade.
  • Traballadores incluídos no Sistema Especial para traballadores por Conta Propia Agrarios.

Máis información sobre Cobertura do risco de Incapacidade Temporal


Así mesmo, desde o 1 de xaneiro de 2019 será obrigatoria, con carácter xeral, a cobertura das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais así como a cobertura da protección por cesamento de actividade e formación profesional.


Máis información sobre cobertura do risco de continxencias profesionais

Complementary Content
${loading}