Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Alta, baixa e variación de datos no Réxime Especial de Traballadores do Mar

Procedemento de Alta, baixa e variación de datos do Réxime Especial do Mar

Obxecto:

A alta, a baixa e as variacións de datos son comunicacións obrigatorias que deben facerse á Seguridade Social para informar sobre o comezo da actividade laboral dun traballador, sobre o cesamento nela ou sobre as modificacións de datos identificativos e laborais dos traballadores afiliados á Seguridade Social.

Suxeitos:

Traballadores por conta allea:

  •  Está obrigado o empresario a solicitar a alta, a baixa e a comunicar as variacións de datos de todos os seus traballadores.

Traballadores por conta propia:

  • Está obrigado o traballador a solicitar a alta, a baixa e a comunicar as variacións de datos.
Impresos:

Traballadores por conta allea:

Traballadores por conta propia:

  • Alta, baixa e variación de datos:  Modelo TA.0825
Onde tramitalo:
Prazos:

Traballadores Conta Allea:

  • Solicitude da alta:
    • Previo ao inicio da relación laboral ata 60 días naturais antes.
  • Solicitude da baixa e variación de datos:
    • 6 días naturais.

Traballadores por conta propia:

  •  Solicitude da alta:
    • Previo ao inicio da relación laboral ata 60 días naturais antes.
  •  Solicitude da baixa e variación de datos:
    • 6 días naturais.
Efectos:

Alta:

  • As altas presentadas con carácter previo producen efectos a partir do día en que se inicie a actividade.
  • As altas presentadas fóra de prazo terán efectos desde o día en que se presente a solicitude, salvo que o ingreso das cotas se producise no prazo regulamentario, nese caso a alta retrotraerá os seus efectos á data en que se ingresasen as primeiras cotas correspondentes ao traballador de que se trate.
  • As altas realizadas de oficio retrotraerán os seus efectos á data en que os feitos que as motiven fosen coñecidos.

Baixa:

  • A baixa do traballador producirá efectos desde o cesamento na prestación dos servizos.
  • A solicitude de baixa do traballador extinguirá a obriga de cotizar desde o cesamento no traballo.
  • Se a baixa se solicita fóra de prazo a obriga de cotizar extínguese o día en que a Tesourería Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo.
  • Cando a Tesourería Xeral da Seguridade Social curse a baixa de oficio, a obriga de cotizar extinguirase desde o mesmo día en que se levase a cabo a actuación inspectora, ou se recibisen os datos ou documentos que acrediten o cesamento no traballo.
Outros datos de interese:
  • Os empresarios están obrigados a comunicar a alta, a baixa ou a variación de datos dos traballadores que presten servizos na súa empresa. En caso de non facelo poderá facelo o traballador  directamente na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • As altas, baixas ou variacións de datos poderanse realizar polas Direccións Provinciais e Locais do Instituto Social da Mariña cando non o efectuasen nin a empresa nin o traballador.
Complementary Content
${loading}