A continuación preséntase o procedemento xeral.
Que é a pensión a prol de familiares da Seguridade Social?
É unha prestación económica consistente nunha pensión que se concede a aqueles familiares que convivisen e dependesen economicamente da persoa falecida e reúnan os requisitos esixidos.
Que trámites se deben realizar?
- Cubrir o modelo de solicitude de Prestacións de Supervivencia.
- A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.
Onde se tramita?
Pode realizar este trámite a través da Sede Electrónica da Seguridade Social (https://sede.seg-social.gob.es) por correo ordinario ou nun centro de Atención e Información da Seguridade Social, solicitando cita previa nos teléfonos 901 10 65 70/ 91 541 25 30 ou na web www.seg-social.es
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).
O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.
Cando se solicita a pensión a prol de familiares e cando se inicia o pagamento?
A pensión solicitarase en calquera momento posterior ao falecemento. Non obstante, cando a solicitude se presente fóra dos tres meses seguintes ao falecemento, a pensión aboarase cunha retroactividade máxima de 3 meses con respecto á data de solicitude.
Cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses posteriores ao falecemento, a pensión aboarase:
Se o falecido se atopaba en alta, situación asimilada á alta ou non alta, dende o día seguinte á data do feito causante.
Se o falecido era pensionista, dende o día primeiro do mes seguinte á data do feito causante.
Cando se extingue o dereito á pensión?
Para netas/os e irmáns/ás, a pensión extínguese:
Por chegar á idade máxima, agás incapacitados.
Por cesar a incapacidade que outorga dereito á pensión.
Por adopción.
Por contraer matrimonio (agás excepcións).
Por falecemento.
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.
Para ascendentes e fillas/os e irmás/áns, a pensión extínguese:
Por casarse.
Por falecemento.
Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.