Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Protección por Cesamento de Actividade

Procedemento

Procedemento de protección por cesamento de actividade

Información Xeral


Obxecto:

É unha protección que se outorga aos traballadores autónomos que se encontren en situación legal de cesamento de actividade. O devandito cesamento ha de ser total na actividade económica ou profesional e poderá ser definitivo ou temporal.

Esta protección comprende o aboamento dunha prestación económica mensual e da cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.

Beneficiarios:

Todos os traballadores do Mar por conta propia e Armadores asimilados a traballadores por conta allea que teñan cubertas as cotizacións profesionais e a de cesamento de actividade polo Instituto Social da Mariña.

Requisitos:

Afiliado á Seguridade Social e en situación de alta no Réxime Especial do Mar, ter cubertas as continxencias profesionais e a de cesamento de actividade e estar ao corrente no pagamento das cotas de Seguridade Social.

Ter cuberto un período mínimo de cotización por cesamento de actividade de doce meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade, sendo computable o mes en que se produza o feito causante do cesamento de actividade.

Estar en situación legal de cesamento de actividade.

Subscribir o compromiso de actividade para o mantemento da prestación co fin de realizar as actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que sexa convocado.

Non ter feito a idade ordinaria de xubilación, agás que non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.

Que non concorra ningunha das incompatibilidades previstas na Lei 32/2010, do 5 de agosto.

Contías:

A contía da prestación será do 70% da Base Reguladora, calculada segundo a media das bases polas que o traballador tivese cotizado durante os 12 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

A contía máxima será do 175% do Indicador Publico de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), agás cando o traballador teña un ou máis fillos ao seu cargo, en cuxo caso a contía será respectivamente do 200% ou do 225% do devandito indicador.

A contía mínima variará entre o 107% e o 80%, dependendo de se o traballador autónomo ten fillos ao seu cargo a non.

Non será de aplicación a contía mínima aos autónomos que coticen por unha base inferior á mínima.

Duración da Prestación:

Con carácter xeral o período de gozo da prestación calcularase en función da idade e os períodos cotizados polo traballador dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

 Mais Información

Prazos:

A solicitude poderase presentar ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade.

O dereito á prestación nace a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que tivo lugar o feito causante do cesamento, sempre que se solicite en prazo.

Nos casos de solicitude fóra de prazo, o dereito nace o mesmo día de presentación da solicitude. Perderanse tantos días de prestación como medien entre a data en que rematou o prazo de solicitude e a data real de solicitude.

Máis información

Impresos:

Solicitude de Prestación

Carpeta Informativa

Documentación:
  • Impreso de Solicitude da Prestación por Cesamento de Actividade, en modelo oficial, debidamente cuberto.
  • Identificación do Solicitante e fillos que conviven ou están ao seu cargo que figuren na solicitude, mediante documentación orixinal e en vigor:
    • DNI (Documento Nacional de Identidade)
    • NIE (Núm. de Identidade de Estranxeiros)
    • Libro de Familia ou documento equivalente, en caso de estranxeiros.
    • Documento oficial de recoñecemento de grao de discapacidade.
    • Resolución xudicial ou escrito de formalización do acollemento.
    • Sentenza e/ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio.
    • Documentación acreditativa de rendas dos fillos a cargo.
  • Documentación acreditativa da situación legal de Cesamento de Actividade.
Onde tramitalo:

A Solicitude de Prestación por Cesamento de Actividade será presentada ante a Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou ante o Servizo Público de Emprego Estatal se están cubertas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou nas Direccións Provinciais e Oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) do seu ámbito no suposto de traballadores do Réxime Especial do Mar (REM) que teñan cubertas as continxencias profesionais co ISM.

Outros datos de interese:

Obrigas do traballador autónomo

Suspensión e extinción

 
Complementary Content
${loading}