Protección por Cesamento de Actividade
Información Xeral
Obxecto: |
É unha protección que se outorga aos traballadores autónomos que se encontren en situación legal de cesamento de actividade. O devandito cesamento ha de ser total na actividade económica ou profesional e poderá ser definitivo ou temporal. Esta protección comprende o aboamento dunha prestación económica mensual e da cotización á Seguridade Social por continxencias comúns. |
---|---|
Beneficiarios: |
Todos os traballadores do Mar por conta propia e Armadores asimilados a traballadores por conta allea que teñan cubertas as cotizacións profesionais e a de cesamento de actividade polo Instituto Social da Mariña. |
Requisitos: |
Afiliado á Seguridade Social e en situación de alta no Réxime Especial do Mar, ter cubertas as continxencias profesionais e a de cesamento de actividade e estar ao corrente no pagamento das cotas de Seguridade Social. Ter cuberto un período mínimo de cotización por cesamento de actividade de doce meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade, sendo computable o mes en que se produza o feito causante do cesamento de actividade. Estar en situación legal de cesamento de actividade. Subscribir o compromiso de actividade para o mantemento da prestación co fin de realizar as actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que sexa convocado. Non ter feito a idade ordinaria de xubilación, agás que non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso. Que non concorra ningunha das incompatibilidades previstas na Lei 32/2010, do 5 de agosto. |
Contías: |
A contía da prestación será do 70% da Base Reguladora, calculada segundo a media das bases polas que o traballador tivese cotizado durante os 12 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade. A contía máxima será do 175% do Indicador Publico de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), agás cando o traballador teña un ou máis fillos ao seu cargo, en cuxo caso a contía será respectivamente do 200% ou do 225% do devandito indicador. A contía mínima variará entre o 107% e o 80%, dependendo de se o traballador autónomo ten fillos ao seu cargo a non. Non será de aplicación a contía mínima aos autónomos que coticen por unha base inferior á mínima. |
Duración da Prestación: |
Con carácter xeral o período de gozo da prestación calcularase en función da idade e os períodos cotizados polo traballador dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade. |
Prazos: |
A solicitude poderase presentar ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade. O dereito á prestación nace a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que tivo lugar o feito causante do cesamento, sempre que se solicite en prazo. Nos casos de solicitude fóra de prazo, o dereito nace o mesmo día de presentación da solicitude. Perderanse tantos días de prestación como medien entre a data en que rematou o prazo de solicitude e a data real de solicitude. |
Impresos: | |
Documentación: |
|
Onde tramitalo: |
A Solicitude de Prestación por Cesamento de Actividade será presentada ante a Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou ante o Servizo Público de Emprego Estatal se están cubertas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou nas Direccións Provinciais e Oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) do seu ámbito no suposto de traballadores do Réxime Especial do Mar (REM) que teñan cubertas as continxencias profesionais co ISM. |
Outros datos de interese: |