Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de seguridade social do país en cuxo territorio estean exercendo a súa actividade laboral. Con todo, de tratarse dun traslado temporal, poden manter a lexislación española de Seguridade Social baseándose nos termos e cumprindo os requisitos que se indican a continuación:

Aplícase aos traballadores por conta allea e por conta propia con nacionalidade de España ou da República Dominicana.

Desprazamento inicial (art. 9,1 letras a) e c) do convenio)

Para os traballadores por conta allea, que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada temporalmente á República Dominicana para exercer alí a súa actividade e os traballadores por conta propia que exercen normalmente a súa actividade en España e que se trasladen temporalmente a ese país para realizar o seu traballo deberán solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións da mesma a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que se debe tramitar

A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude no modelo TA.200  "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e acompañarán tres exemplares debidamente cubertos do modelo E/REP.DOM.(Cert)  "Certificado de lexislación aplicable".

O modelo E/REP.DOM.(|Cert. ) expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente,  certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social dominicana.

O período máximo da duración do desprazamento é de tres anos, tanto para os traballadores por conta allea como para os traballadores por conta propia.

Prórroga ordinaria (art. 9,1 letras b) e d) do convenio)

Se o desprazamento ou traslado nese país debe prolongarse máis ala dos tres anos antes indicados, o empresario ou traballador por conta propia, deberán efectuar a solicitude de prórroga, antes da finalización do período xa autorizado, ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Formulario que se debe tramitar

A solicitude de prórroga deberá efectuarse no  modelo TA.202  "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE  1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".

Período de autorización

O período máximo da prórroga é de dous anos, tanto para os traballadores por conta allea como para os traballadores por conta propia.

Outros Desprazamentos Direccións Provinciais ou Administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:

    • Persoal itinerante das empresas de transporte aéreo e terrestre que desempeñe a súa actividade no territorio de ambos países (art. 9,1 letra e) do convenio).

A solicitude hase efectuar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións dela, presentando o modelo E/REP.DOM.(Cert.) cuberto por triplicado.

A empresa ha efectuar a solicitude mediante o modelo TA-201 , "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social cando se exerce a actividade en máis dun país" e ha achegar tres ejemplares do modelo E/REP.DOM.(Cert.) .

Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.

Para os desprazamentos relativos a:

    • os traballadores que teñan a condición de funcionarios públicos en España e estean destinados na República Dominicana (Artigo 9.1 letra h) do Convenio)
    • as persoas enviadas en misións de cooperación   (Artigo 9.1 letra i) do Convenio)

A Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais expedirá, a petición do Organismo Público ou do traballador, o modelo E/REP.DOM.(Cert.)  "Certificado de lexislación aplicable". A solicitude hase efectuar a través do modelo TA.202.

Para os desprazamentos de (art. 9.1 letra g) do convenio):

    • O persoal administrativo e técnico e os membros de persoal de servizo das Misións Diplomáticas e das Oficinas Consulares na República Dominicana, que sexan españois,  ou
    • O persoal, español, ao servicio privado dalgún dos seus membros,  

que opten pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais, expedirá o modelo E/REP.DOM.(Cert.), "Certificado de lexislación aplicable.-Dereito de opción" para toda a duración do desprazamento e a petición do Organismo público ou do traballador.

Outras Excepcións   (Artigo 9,2 do Convenio)

A tramitación das solicitudes doutras excepcións lévase a cabo pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude no modelo |TA 202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do art.17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".

Logo de que a Seguridade Social da República Dominicana dea a súa conformidade, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social ha expedir o modelo E/REP.DOM.(Cert.), que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período polo que foi autorizado.

     
Complementary Content
${loading}