Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean exercendo a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación:

Aplícase aos traballadores por conta allea e por conta propia, independentemente da súa nacionalidade.

Desprazamento Inicial

Os traballadores por conta allea que exerzan a súa actividade nunha empresa española que os traslada temporalmente a Paraguai para realizar alí a súa actividade e os traballadores por conta propia que exerzan normalmente a súa actividade en España e que se trasladen temporalmente a Paraguai para realizar o seu traballo deberán solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións dela, a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que hai que tramitar

A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañarán o formulario ES/PA1 "Certificado de lexislación aplicable" cuberto en triplicado exemplar.

O formulario expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social paraguaia.

Período que se debe tramitar

O período máximo da duración do desprazamento é de vinte e catro meses, tanto para os traballadores por conta allea como para os traballadores por conta propia.

Prórroga ordinaria

Se o desprazamento ou traslado nese país debe prolongarse máis ala dos dous anos antes indicados, o empresario ou traballador por conta propia deberán efectuar a solicitude de prórroga antes da finalización do período xa autorizado, ante a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Formulario que hai que tramitar

A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable", e acompañaranse catro exemplares, debidamente cubertos, do formulario ES/PA2 “Solicitude de prórroga de desprazamento e outros acordos”, para o seu envío á Institución competente de Paraguai.

A expedición deste formulario pola seguridade social paraguaia, acredita que o traballador continua suxeito á seguridade social española durante o período indicado neste e, polo tanto, está exento das disposicións de seguridade social de Paraguai.

Período que hai que autorizar

O Convenio non determina o período máximo de prórroga. 

Outros Desprazamentos


Direccións Provinciais ou Administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos relativos a:

    • O persoal itinerante das empresas de transporte aéreo que desempeñe a súa actividade no territorio de ambos países (artigo 7.1 apartado 2º do Convenio).
    • Os traballadores que teñan a condición de funcionarios públicos en España e estean destinados en Paraguai (artigo 7.1 apartado 6º do Convenio).

A autorización expedirase a través do modelo ES/PA1, "Certificado de lexislación aplicable". A empresa deberá efectuar a súa solicitude no modelo TA.300.

Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED.

Para os desprazamentos relativos a:

    • as persoas enviadas en misións de cooperación (artigo 7.1 apartado 9º do Convenio)

os cales están sometidos á lexislación española de Seguridade Social, á Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED expedirá a petición do Organismo público de emprego o "Certificado de lexislación aplicable", ES/PA1.

Para os desprazamentos relativos a: (artigo 7.1 apartados 7º e 8º do Convenio)

    • O persoal administrativo e técnico e os membros do persoal de servizo das Misións Diplomáticas e das Oficinas Consulares en Paraguai, que sexan españois e
    • O persoal ao servizo privado dalgún dos seus membros, tamén españois,

que opten pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED, expedirá o modelo ES/PA3 "Exercicio do dereito de opción" para toda a duración do desprazamento e a petición do Organismo público ou do traballador.

Outras Excepcións

A tramitación das solicitudes doutras excepcións é levada a cabo pola Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable” e acompañaranse catro exemplares, debidamente cubertos, do formulario ES/PA2 “Solicitude de prórroga de desprazamento e outros acordos”, para o seu envío á Institución competente de Paraguai.

A expedición deste formulario pola seguridade social paraguaia acredita que o traballador continua suxeito á seguridade social española durante o período indicado neste e, polo tanto, está exento das disposicións de seguridade social de Paraguai.

Complementary Content
${loading}